Abadexo

Cómo é?

Ten un corpo de cor parda verdosa e prateada nas costas. Os exemplares novos (Corbelo) teñen cores moi vivas e son dunha gran fermosura no momento da captura. A queixada inferior do abadexo é moi prominente e non ten barbas.

Cómo se pesca?

Trátase dun peixe autóctono, moi común no litoral galego. Péscase con volantas (os grandes) e ó trasmallo (os novos), e na pesca máis tradicional con liñas. Outras artes utilizadas na súa captura son a escabela e o curricán. A súa pesca está en perigo pola sobrepesca tanto de adultos coma de xuvenís.

Acedías

Cómo é?

Son varias especies moi semellantes as que se coñecen por este nome. As mais comúns teñen o corpo amarelado pola cara onde leva os ollos. Outra característica para distinguir esta especie son os pequenos puntos negros que se ven no dorso.

Cómo se pesca?

As acedías, moi comúns no litoral galego, péscanse ó trasmallo e tamén con rascos, con miños,artes de arrastre e incluso ó cerco ( cando se traballa en fondos de area)

Agulla

Cómo é?

Ten unhas queixadas moi afiadas que collen uns dentes puntiagudos. Posúe un corpo un corpo longo e estreito de cor verdosa con brillos prateados na zona do lombo. A espiña e as escamas teñen tonalidades azuis verdosas moi características. Acada os 75 centímetros. No verán achegarse ás costas formando grandes bancos

Cómo se pesca?

A agulla gusta das augas abertas e batidas con riqueza de peixes máis pequenos. O seu prato son as xoubiñas e os pións. É un gran depredados. A agulla péscase nas faenas de cerco e ó curricán. Tamén é  habituala captura por pescadores deportivos cando procuran robaliza.

Albacora    

Cómo é?

O seu corpo é robusto, de cor azul escura, e distínguese do atún porque ten as aletas peitorais máis longas ca aquel. A albacora pode chegar a medir ata un metro e adoita moverse en grandes bancos en superficie.

Cómo se pesca?

É un peixe que emigra na primavera cara ó norte. Cando pasa por latitudes próximas a Galicia, no verán, organízase a costeira, na que se pescan un a un ó currican con cebo artificial. Cada exemplar rematase a bordo e pasa inmediatamente á bodega refrixerada, asegurando así unha óptima calidade do peixe fronte a outros sistemas coma a volanta de deriva, que ademais causa estragos no resto da fauna mariña. A albacoa así pescada leva unha etiqueta verde no rabo

Alcrique

Cómo é?

É similar á agulla, pero co corpo máis comprimido e mandíbulas máis pequenas. Tamén se distingue da agulla no seu tamaño, xa que é mais pequeno, e nas espiñas, que no son verdes. O alcrique ten o lombo de cor gris azulada e o ventre prateado.

Cómo se pesca?

En mar aberto forma mansíos de certa importancia. Péscase con artes de cerco, especialmente cando se achega ás costas a finais do verán e comezos do outono. Así mesmo, captúrase como especie accidental nos barcos dedicados á sardiña.

Anguía

Cómo é?

A anguía ten unha inconfundible forma de serpe. A súa cor é verdosa e ten a pel recuberta dunha mucosidade que lle dá ese tacto tan escorregadizo. A queixada inferior da anguía é moi prominente. Ten un ciclo vital característico: vive durante seis ou sete anos no río; logo, cando é adulta, vai desovar ó mar, morrendo despois efectúa- lo desove. As larvas volven a remonta- lo río cando teñen dous ou tres anos e miden uns 4 ou 5 centímetros.

Cómo se pesca?

Unha forma tradicional de pesca de anguía era con fisga  desde un bote. Tamén se pesca con nasas especificas: os chamamos butróns, que é un aparello de uso sometido a moitas limitacións polo seu efecto devastador no fondo das rías.

Atún

Cómo é?

Chega a medir ata tres metros. É azul escuro no lombo e prateado no ventre. Ten as aletas peitorais curtas (característica que nos axuda a diferencialo da albacora, que as ten longas) e dúas aletas dorsais moi próximas unha da outra. Móvese en grandes bancos e acada velocidades moi grandes que lle permiten pescar outros peixes e cefalópodos

Cómo se pesca?

En Galicia existe unha importante flota atuneira, dedicada á pesca do atún en mares tropicais, aínda que estas capturas destínanse ás industrias conserveiras. O que vostede atopa en fresco non se captura pola flota galega como especie principal, pero si accidentalmente nos palangres de superficie que se largan para o peixe espada ou para a albacora. Sen embargo, chega fresco ás nosas peixerías desde o sur da península, onde hai unha importante pesca do atun ó redor do Esteiro de Xibraltar, con almadrabas.

Bacallao

Cómo é?

Corpo esvelto, de cor amarela-verdosa ou castaña clara, xeralmente pintado. A queixada superior está mais desenvolvida cá inferior. Nesta última ten un barbillon. Destaca a liña lateral moi marcada,, curva á altura de alerta do peito. Pode medir ata 1,5 metros e chegar ós 15 quilos, pero non é usual atopar estes exemplares.

Cómo se pesca?

É un peixe das augas frías (2 a 10 ºC) que adoita aparecer nas proximidades do fondo, aínda que pode atopase a medias augas. Chega a vivir ata 600 metros de profundidade. Péscase ó arrastre, especialmente con barcos que traballan en parella. Non está presente na costa galega. Os nosos caladoiros máis importantes foron Terranova e Noruega e, aínda que menor medida, o Mar de Norte e Islandia. Hoxe a gran maioría é importado.

Bacoreta

Cómo é?

É un túnido de corpo robusto e dorso azulado que fai un curioso debuxo. A súa cor, nais escura na parte superior, vai trocando a prateada na zona do ventre Algunhas veces ten como elemento característico catro manchas negras no peito. Chega a medir 90 centímetros.

Cómo se pesca?

Moi escaseante visita de augas galegas . Péscase ó cerco no Golfo de Guinea e África Occidental. Aínda que a súa presencia non é significativa, nos nosos mercados hoxe en dia xa é posible atopalo algunha vez.

Barbadas

Cómo é?

Teñen tódalas barbadas un corpo longo e áxil para agacharse debaixo das pedras. O mais rechamante son as barbichas e os “bigotes”, que varían en numero dependendo da especie. Os tamaños que poden acadar carían coa especie. Os tamaños que poden acadar varían coa especie e oscilan entre os 25 centímetros.

Cómo se pesca?

Son abundantes no litoral galego. As que viven en pouco fondo, alimentándose de crustáceos e peixes pequenos,péscanse con sistema artesanais( varas, liñas,…), polo que rara vez abundan no mercado. As que viven máis  no fondo pódese pescar ó arrastre. Tamén se pescan en ocasións con nasa ou ó enmalle.

Bertorellas

 

Cómo é?

Teñen un corpo longo e afiado que lles permite agacharse entre as pedras. En ambas especies son características as barbas. Poden chegar a alcanzar unha lonxitude de un metro. Reprodúcese en primavera e inicie de verán.

Cómo se pesca?

Viven en fondos de area ou lama entre os 20 e os 600 metros. Comen peixes de fondo,crustáceos, moluscos,… . A nosa flota pesca as bertorellas ó arrastre ou con palangre, no banco galego, no Gran Sol e ó Oeste de Irlanda. Aínda que no noso mercado é moi frecuente atopala en fresco, e máis común atopala conxelada.

Bocareu

Cómo é?

O bocareu ten o corpo fino e alongado, de cor azulada con chispiñas prateadas no seu ventre. A súa queixada superior é moi prominente e a boca grande. Pode acada-los 20 centímetros. Reprodúcese entre os meses de abril e agosto.

Cómo se pesca?

Especie peláxica que no verán se achega á costa. Alimentase de plancto. Vive en grandes mansíos e péscase con redes de cerco. Resulta especialmente importante a súa correcta manipulación e estiba a bordo pois é un peixe moi delicado e mázase e deteriórase de contado.

Boga

Cómo é?

Ten unha cor gris prateada e leva catro ou cinco liñas verticais estreitas, así como unha mancha negra na base da aleta do peito. É unha especie hermafrodita que acada madurez sexual ó redor dos 13 centímetros. O seu tamaño medio oscila entre os 15 e 20 centímetros.

Cómo se pesca?

Forma grandes cardumes dende a superficie ata os 200 metros de profundidade. É un peixe comedor de algas . Pescase habitualmente ó trasmallo, tamén ó cerco e ocasionalmente con betas.

Bolos

Cómo é?

En xeral os bolos teñen o corpo moi alongado e cilíndrico, de tonalidade azul verdosa. Contan cunha soa aleta dorsal e o seu fociño é longo e moi puntiagudo, coa queixada inferior máis alongada cá superior. Na zona das Mariñas son coñecidos como peóns ou pións de Baldaio, por abundar neste areal, pero o nome de pión hai que reservalo en galego para outra especie distinta, recollida na ficha correspondente.O seu tamaño medio é de 35 cm.

Cómo se pesca?

É unha especie abundante na beiramar, pero son pouco visibles porque polo dia agáchanse na area. Son alimento de robalizas, rodaballos, abadexos,…Capturase en abundancia con arte de cerco especifico denominada boliche ou chinchorro, para cebo vivo ou para consumo. Tamén é tipico nas grandes baixamares a súa captura cuns fouciños de mango longo cos que se vai escarvando na area e levantando os peixes.

Breca

Cómo é?

Posúe unha boca puntiaguda que continua nun corpo ovalado. A súa cor é rosa forte, tirando a vermella, máis prateada no ventre. É da familia dos esparios, como o sargo e a dourada. Reprodúcese normalmente na primavera, acadando a súa madurez sexual cando ten entre 1 e 2 anos. Chega ós 60 centímetros, aínda que e o habitual é que mida entre 20 e 25 centímetros.

Cómo se pesca?

Vive en zonas de coral, de rochas illadas ou fondos lamecentos entre os 30 e os 150 metros. A pesca- escasa- realizase con liñas, palangres e con artes de enmalle, mesturadas con outras capturas.

Burro

Cómo é?

É un peixe da familia dos gádidos, parente do  bacallao e o abadexo. Ten unha cor verdosa ou gris e unha característica mancha negra á altura da aleta peitoral. A queixada superior está máis desenvolvida cá inferir¡or. O seu tamaño normal é de 60-70 centímetros, aínda que pode acabar 1 metro

Cómo se pesca?

É un peixe gregario que vive en grandes bancos nas augas frias do norte de Europa. É un dos máis consumidos no Reino Unido e outros países, onde se comercializa na súa práctica totalidade en filete limpo. Péscase pola nosa flota en Irlanda e O Gran Sol con arrastre.

Cabra de altura 

Cómo é?

A súa  boca é negra azulada e o corpo groso, de cor vermella, con bandas transversais. Na cabeza atopamos espiñas nas fazulas. Os ollos son grandes, como grande é tamén a súa aleta peitoral. A queixada é prominente. Ten un aspecto realmente inconfundible e para recoñece-la súa frescura hai que reparar na viveza da súa cor

Cómo se pesca?

Vive en fondos lamacentos, entre 200 e 1000 metros de profundidade. Reprodúcese entre os meses de novembro e decembro. O arrastre o palangre son as artes  mais frecuentes para capturar esta especie.

Castañeta

Cómo é?

De aspecto inconfundible, ten o corpo comprimido e alto, de tonalidade gris. A cabeza é de perfil redondeado, a carne firma e a pel moi dura. Chega a medir como máximo 70 centímetros, aínda que o habitual é que mida entre 30 e 50. Dada a “coiraza” que ten por pel, para reparar no seu estado de frescura fixarémonos nos ollos.

Cómo se pesca?

Vive en augas abertas, entre os 100 e os 400 metros. É un peixe migratorio, polo que é a típica especie de tempada( en Galicia atopase en primavera e verán). Péscase fundamentalmente ó palangre de superficie e as súas capturas varían extraordinariamente dunha épocas a outras

Castañeta Encarnada

Cómo é?

Cor vermella intensa, cun corpo moi compacto, alto e curto. Ten os ollos moi grandes. Acada os 50 centímetros, aínda que rara vez se atopa tan grandes. O tamaño máis normal oscila entre 25 e 40 centímetros.

Cómo se pesca?

Vive entre os 200 e 400 metros de fondo. Péscase ó palangre e ó arrastre.

Cazón

Cómo é?

É unha quenlla esvelta, de cor agrisada acastañada, cuns dentes triangulares. O fociño é estreito e redondeado na punta. O seu corpo pode chegar a medir ata dous metros. Os ollos son ovalados e o rabo redondeado. Alimentase de peixes de fondo e medias augas. Ten un período de xestación  de case un ano e produce camadas de 25 a 40 individuos.

Cómo se pesca?

Vive entre 40 e 300 metros de profundidade. É moi abundante no litoral galego, aínda que a maioría das capturas van destinadas á exportación. De tódolos xeitos, o seu consumo en Galicia está aumentando considerablemente. Péscase con palangre e ó currican

Chaparella

Cómo é?

Especie de carácteres semellantes ó sargo, do que se diferencia por levar dúas pintas negras:unha sobre o pedúnculo caudal e a outra, de forma triangular, sobre a cabeza. A chaparella é de cor olivácea- dourada, con varias bandas lonxitudinais desa última coloración. As aletas son mais ou menos negras. Pode acada-los 45 centímetros de lonxitude total, aínda que o normal é que mida entre 20 e 25 centímetros. Desova no mes de outubro e as crías abundan na zona de marea, onde forman pequenos bandos mesturándose co sargo. Acada a madurez sexual ós dous anos(17 centímetros)

Cómo se pesca?

Vive en fondos penedosos e de area, desde a beiramar ata 50 metros de profundidade. Capturase sobre toco con trasmallo, palangre, miños, liña, etc.

Cherna

Cómo é?

Peixe de corpo robusto e voluminoso. A cabeza é alongada, con vultos entre os ollos e a fronte. A queixada inferior é prominente e os dentes dispóñense en, polo menos, tres filas. O fociño de cherna é ancho e grande, cos beizos moi grosos. O lombo é de cor agrisada e o ventre amarelo. Pode chegar a medir ata dous metros de lonxitude e reprodúcese no verán.

Cómo se pesca?

Vive en fondos rochosos, entre os 100 e 200 m de profundidade, podendo chegar ata os 1000 metros. Os exemplares novos viven a menor profundidade e pode formar grandes bancos, sendo doado atopalos asociado al resto de flotantes(aquí é onde resulta mais fácil collelo co anzol). Outras artes empregadas na súa captura son o palangre e, ocasionalmente, as artes de enmalle.

Congro

Cómo é?

O congro ten corpo alongado e cilíndrico, cun ton azulado. A súa boca é impresionante. Non ten escamas e pode chegar a medir tres metros e supera-los 50 quilos de peso. Vive sobre fondos de rochas nas nosas costas e é un gran depredador do polbo. Reprodúcese no verán, podendo chegar a poñer de 3 a 8 millóns de ovos.

Cómo se pesca?

É un peixe típico da nosa pesca de baixura. Captúrase fundamentalmente con palangre e liña. Tamén, ocasionalmente, os pequenos entran na nasa fanequeira. Resulta disparatado, sen embargo, a captura do congro pequeno, xa que non ten prezo non valor gastronómico (pola excesiva espiña). De feito pódese afirmar que no nercado o congro ten “mala imaxe” por mor do congro pequeno.

Coruxo

Cómo é?

É moi similar ó coñecido rodaballo. Ten un corpo asimétrico e case circular. Mimetizase adaptando o ton da súa pel os fondos onde habita, xeralmente arxilosos. Diferenciase do rodaballo en que ten unha manchas distribuídas irregularmente polo corpo e porque os primeiros radios (espiñas) da aleta dorsal (a superior) están libres, mentres que no rodaballo están unidos por unha membrana. Pode acada-los 70 centímetros de lonxitude. Reprodúcese nos meses de abril a agosto.

Cómo se pesca?

Vive en lugares semellantes ó rodaballo, pero, a diferencia deste, tende a busca-los areais do interior das rías. É unha especie escasa e a súas capturas realízanse coa técnica do trasmallo e tamén con palangre e miños

Dentón

Cómo é?

A súa característica mais destacada e a cabeza, grande e con fortes queixadas. Cada queixada ten catro dentes caninos e curvos. O fociño é alongado e os ollos pequenos. A cor é agrisada nos mais novos, e gris azulada nos adultos. No lombo e nos costados ten unhas manchas azul verdosa que desaparecen cando morre. As aletas que estan na pelve son alaranxadas. Reprodúcese nos meses de marzo a maio.

Cómo se pesca?

Habita nos fondos rochosos entre os 10 e os 50 metros. É unha especie escasa e moi valorada que cando se achega á costa na primavera, se pesca con miño ou volanta. Ás veces úsase o corricán de fondo, o palangre ou o trasmallo. É moi buscado polos mergulladores deportivos.

Dourada

Cómo é?

O seu corpo é alto e comprimido, de cor gris prateada, ben proporcionado pero mais escaso no lombo. Ten unha mancha dourada entre os ollos, que desaparece cando morre, e unhas manchas negras por detrás da cabeza. Os beizos son grosos e carnosos. Pode chegar ós 70 centímetros. Non se debe confundir coa castañeta encarnada, tal e como fan en moitas peixerías.

Cómo se pesca?

Vive en augas pouco profundas( menos de 30 metros) en fondos de area ou pedra. É un peixe de augas caldas que escasean nas nosas costas. Cando se pesca faise ó trasmallo e, ocasionalmente, con palangre ou ó arrastre. Os pescadores deportivos usan cana. No mercado o frecuente é atopala fresca, procedente de cultivos de zona mediterránea.

Escachos

Cómo é?

Teñen unha forma moi particular, cun corpo en forma cónica que vai diminuíndo desde a parte posterior da cabeza ata o rabo. O dorso é vermello, máis claro nos laterais, e branco no ventre. A cabeza é grande, triangular. Ten espiñas enriba dos ollos e distribuídas por todo o corpo, presentando, así mesmo, moitas estrías. Tamén ten a liña lateral moi marcada, con escamas que forman á súa vez unha espiña. As aletas peitorais, moi desenvolvidas, sérvenlle ós escachos para se despracen . A súa época de reprodución vai de xuño a agosto.

Cómo se pesca?

Atópase en fondos de area ou lama preto das rochas, a partir dos 40 metros de profundidade. Non existe ningunha pesca específica. Cóllense ó arraste ou con anzol e tamén con trasmallo.

Escarapotes

Cómo é?

Aínda que a súa cor depende do tipo de fondo onde se agachen, habitualmente é vermella-rosada ou vermella apardazada con manchas pardas. Teñen unha fendedura moi marcada na fonte e unha cabeza armada con espiñas. Presentan un “tentáculo” na queixada inferior e outro enriba da boca. Mimetizandose co fondo, o que lles axuda a cazalas súas presas. Reprodúcese nos meses de maio a agosto.

Cómo se pesca?

Habitan en fondos areosos e especialmente nos rochosos, entre 20 e 200 metros de profundidade. É un peixe de costumes nocturnos e solitarios e nunca se pesca en grandes cantidades. Utilizase artes de arrastre, palangre, anzol ou trasmallo e rascos.

Faneca

Cómo é?

Posúe unha mancha escura no comezo da aleta peitoral. O corpo é mais forte polo dorso ca polo ventre; ten a queixada superior lixeramente máis longa cá inferior e o barbillón prominente. A liña lateral é moi curvada. A súa cor e cobreada no dorso, con catro ou cinco bandas verticais escuras. A súa lonxitude máxima é de 40 centímetros, pero raramente excede dos 20 centímetros. Reprodúcese a profundidades de 50 a 70 metros durante os meses de abril a maio e madura no primeiro ano de vida.

Cómo se pesca?

Vive próxima ó fondo formando bancos, mentres que os xuvenís se atopan preto da costa en fondos areosos. Os exemplares de maior tamaña localizase a profundidades de 30 a 100 metros. Péscase con trasmallo, liña, volanta e, ocasionalmente, ó arrastre. Usase tamén a nasa fanequeira, prohibida no interior das rías.

Fodón

Cómo é?

Similar á faneca, pero diferenciándose desta no seu corpo, que é mais alongado e non presenta a mancha negra na base da aleta peitoral. O igual cá faneca, posúe unha barbicha na queixada inferior que é, á súa vez, máis pequena cá da faneca. A cor do dorso é marrón, con francos máis claros, e co ventre prateado. Pode acada-los 26 centímetros, pero raramente pasa dos 20. A súa reprodución realizase de febreiro a maio.

Cómo se pesca?

Aínda que se pode atopar no mesmo ambiente cá faneca, son máis oceánicas ca estas, chegando ós 300 metros de profundidade. Pescase con trasmallo, liña, volanta e, ocasionalmente, ó arrastre. Úsase tamén a nasa fanequeira.

Fogoneiro

Cómo é?

As aletas anais e dorsais do fogoneiro diferenciase claramente. Posúe un corpo esvelto de tonalidade verdosa parda, mais escura nos exemplares, e un ventre  branco prateado. A queixada inferior e mais alongada nos adultos. Ten a liña lateral do corpo marcada e recta. Pode chegar a medir ata un metro e supera-los 15 quilos de peso.

Cómo se pesca?

Os novos viven en augas pouco profundas, ó contrario dos exemplares adultos. É un peixe de augas frías, que provén do norte de Europa( pescase no Gran Sol,Irlanda, Mar do Norte,…) e que pouco a pouco empeza a chegar a Galicia. Capturase o arrastre.