Zona de actuación

O ámbito territorial da Confraría de Pescadores de San Martiño, en canto a marisqueo e recursos específicos se refíre, é moi extenso, abarcando a zona comprendida entre punta Borrelo, no municipio de Cambados, e punta Faxilda, no municipio de Sanxenxo, ambas pertencentes ao Distrito Marítimo do Grove; por iso, contamos nesta entidade pesqueira con profesionais do mar de catro concellos diferentes da Comarca do Salnés (O Grove, Cambados, Meaño e Sanxenxo).

Doutra banda, a pesca de baixura se desenvolve no interior das rías galegas (fundamentalmente na Ría de Arousa), aínda que tamén por fóra destas (na plataforma continental que forma parte do Mar Territorial xestionado pola Xunta de Galicia).

No primeiro caso atópanse barcos cunha eslora aproximada de entre doce e quince metros, e no segundo embarcacións de máis envergadura. No caso dos mariñeiros do Grove que se dedican á pesca de baixura, cabe resaltar que máis do noventa por cento traballan principalmente dentro da Ría de Arousa.

Mapa ámbito cofradia