Somos unha corporación de dereito público e sen ánimo de lucro, dotada de personalidade xurídica e capacidade de obrar, para cumprir os seus fins e realizar as funcións que lle son encomendadas, actuando como órgano de consulta e colaboración coa Administración na promoción do sector pesqueiro, marisqueiro e de acuicultura, e representando tamén os intereses económicos e corporativos dos profesionais do sector, de acordo cos principios de legalidade, transparencia contable e democracia, na súa estrutura interna e funcionamento.
Para conseguir unha mellor consecución dos seus fins, os membros da Confraría forman, dentro dela, agrupacións sectoriais constituídas por colectivos de traballadores que se adican ao mesmo sector de produción. Os obxectivos principais destas agrupacións son organizar os traballos dos membros de cada sector, así como facer propostas sobre os plans de explotación, comercialización, etc.