O porto de Meloxo atópase entre as puntas de Meloxo, ao norte, e Moreiras, ao sur, que sobresaen 500 metros na península do Grove. Na entrada ao porto atopámonos con sondas de 3 metros na súa medianía.
A entrada a porto entraña certa dificultade por ter que navegar entre gran cantidade de bateas sen sinalizar e baixos, o que require un experto coñecemento da zona, sobre todo se se navega de noite. Recoméndase levar sempre unha carta actualizada e evitar a aproximación con marea baixa.
A fusión entre o azul do mar e o verde do auténtico monte galego nos recibe no porto pesqueiro de Meloxo; un porto onde atracan fundamentalmente os barcos bateeiros, é dicir, aqueles que se dedican a traballar as bateas e onde fundamentalmente se realiza a extracción do mexillón ou a ostra.
Nas inmediacións do porto podemos atopar gran cantidade de conserveiras e algún que outro estaleiro tradicional de carpinteria de ribeira. Ademais nas súas auga pódese gozar de diversas actividades marítimas como regatas en embarcacións tradicionais, o submarinismo, etc.