O porto pesqueiro e marisqueiro do Grove atópase na beira meridional da Ría de Arousa, situado na zona que serve de límite entre esa ría e a de Pontevedra. A enseada é ampla e nas proximidades da súa punta construíuse un pequeno pantalán.
Situado nunha ampla enseada, que forma unha baía protexida como espazo natural de gran valor ecolóxico.Ideal para gozar da vela tradicional galega, o remo de banco fixo e o piragüismo, deportes por excelencia deste porto. Desde aquí saen barcos turísticos cara ao Parque Nacional da Illas Atlánticas e barcos produtores de mexillón.