A Confraría de Pescadores San Martin foi beneficiaria dunha axuda económica da Deputación de Pontevedra a través das subvencións ás Confrarías de pescadores, á Federación de Confrarías e ás agrupacións de mariscadoras da Provincia de Pontevedra, de 25.800€ para a adquisición dunha carretilla eléctrica para a lonxa.

O principal resultado que se pretende acadar con este proxecto é mellorar as condicións de traballo na lonxa do Grove, xestionada pola Confraría do Grove.

Outros resultados esperados:

  • Mantemento dos postos de traballo actuais.
  • Melloras nas condicións de traballo dos/as asociados/as.
  • Menos lesións muscoesqueléticas.
  • Traballo realizado mais rapidamente e con condicións seguras.
  • Mellora da competitividade da lonxa do Grove.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos requeridos están marcados *

Publicar comentario