A Confraría de Pescadores San Martín do Grove, foi beneficiaría dunha axuda económica, financiada polo FEMP, para a modernización das infraestruturas dos portos pesqueiros, lonxas e lugares de desembarque de 53.040€.

Gracias a esta axuda económica a Confraría de Pescadores San Martín do Grove adquirirá:

  • Dous equipos de clasificación para moluscos bivalvos.
  • Dúas básculas para equipos de clasificación con capacidade de 60kg.
  • Dúas unidades de xestión de pesaxe.

O obxectivo principal que se pretende conseguir con este proxecto é a mellora da competitividade da Confraría de Pescadores San Martín do Grove, a través da mellora no control e rastrexabilidade dos produtos procedentes da pesca.

Entre os obxectivos específicos do proxecto están:

  • Axilizar e simplificar o proceso de selección do marisco na lonxa.
  • Recortar os tempos de traballo.
  • Mellorar as condicións de traballo na lonxa.

Os principais resultados que se pretenden acadar con este proxecto son os seguintes:

  • Diminución de lesións e accidentes relacionados co traballo, posto que o cribado de marisco na actualidade se fai de forma manual.
  • Mellorar a seguridade e hixiene dos traballadores do mar.
  • Modernización do ámbito socioeconómico do sector a través da adquisición de novas ferramentas de traballo.
  • Fomento da competitividade da lonxa do Grove, respecto a outras lonxas.

Este proxecto vai mellorar o traballo diario dos empregados/as e socios/as que traballan na lonxa, posto que fará que non se teñan que esforzar no cribado do produto na lonxa, e este poderá facerse dunha maneira máis áxil e rápida. Isto fará por tanto, que a lonxa sexa mais competitiva, se reduzan as lesións, etc.

Un sector extractivo competitivo debe contar con lonxas eficientes, polo que coa adquisición destes equipamentos, mellorarase a seguridade, o control, a trazabilidade e o traballo, e todo isto ofrecerá un valor engadido os produtos procedentes da pesca.

Así mesmo, ó contar con máquinas que fagan unha selección adecuada das tallas do marisco, lograrase competir con outras lonxas que si dispoñen destes equipamentos, en igualdade de condicións.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos requeridos están marcados *

Publicar comentario