A Cofradía de Pescadores San Martin do Grove foi beneficiaria dunha axuda económica de 30.000€ a través das axudas da Deputación de Pontevedra dirixidas ás confrarías de pescadores e pescadoras, Federación de confrarías e ás agrupacións de mariscadoras da provincia de Pontevedra para investimentos durante o exercicio 2023.

A través destas axudas a confraría de pescadores San Martín adquiriu unha furgoneta isotermo con equipo de frío.

Coa compra desta furgoneta acadáronse os seguintes resultados:

–        Mellora nas condicións de traballo dos/as asociados/as, empregados/as e clientes/as.

–        Mellora na calidade dos productos pesqueiros ata o momento de realizar as poxas.

–        Mellora nos servizos prestados aos asociados/as.

–        Mellora da competitividade da lonxa do Grove.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos requeridos están marcados *

Publicar comentario