A Confraría de Pescadores San Martín do Grove, foi beneficiaria dunha axuda ao abeiro das estratexias de desenvolvemento local participativo (EDLP), aprobadas aos grupos de acción local do sector pesqueiro para o desenvolvemento sustentable das zonas de pesca, no marco do Fondo Europeo Marítimo e da Pesca 2014-2020, por un importe de 26.000€, para a “Adquisición de máquinas clasificadoras de bivalvos”.
O obxectivo xeral deste proxecto é mellorar a competitividade do sector pesqueiro, a través da mellora no control e rastrexabilidade dos produtos procedentes da pesca.
Con este proxecto preténdese:
- Diminuír o número de lesións e accidentes relacionados co traballo, posto que o cribado do marisco faise de forma manual.
- Mellorar a seguridade e hixiene dos traballadores do mar.
- Modernización do ámbito socioeconómico do sector, a través da adquisición de novas ferramentas de traballo.
- Fomento da competitividade da lonxa do Grove, respecto a outras lonxas
Os obxectivos específicos do proxecto son:
- Axilizar e simplificar o proceso de selección do marisco na lonxa.
- Recortar os tempos de traballo.
- Mellorar as condicións de traballo na lonxa.