A Confraría de Pescadores San Martín do Grove foi beneficiaria no ano 2019 dunha axuda económica da Deputación de Pontevedra por importe de 21.702,01€ para a adquisición dun tractor para o colectivo de marisqueo a pé.

Coa compra deste tractor, podense realizar labores de arados nas praias de Castrelo.

O obxetivo principal deste proxecto é mellorar as condicións de traballo dos/as asociados/as.

Esperase por tanto que a compra do tractor permita acadar os seguintes resultados:

  • Incremento dos recursos pesqueiros.
  • Mantemento dos postos de traballo actuais e creación de novos postos de traballo no mar, derivados da mellor xestión dos recursos.
  • Melloras nas condicións de traballo dos/as asociados/as.
  • Menos lesións muscoesqueléticas nos/nas asociados/as.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos requeridos están marcados *

Publicar comentario