A Confraría de Pescadores San Martín do Grove, foi beneficiaria dunha subvención da Deputación de Pontevedra por importe de 20.000€ para adquirir un tractor.
Coa compra do tractor o principal obxetivo que se acadou é mellorar as condicións de traballo das/os asociadas/os da confraría do Grove.
Esto beneficiou as case 400 socias/os que ten a entidade no colectivo de marisqueo a pé, e as futuras incorporacións ó sector, posto que o poder arar as praias, as sementeiras efectuadas terán mellor resultado, o marisco poderá medrar, e polo tanto aumentarase/manterase a producción de marisco nas praias.
Outros resultados obtidos:
- Incremento dos recursos pesqueiros.
- Mantemento dos postos de traballo actuais e creación de novos postos de traballo no mar, derivados da mellor xestión dos recursos.
- Melloras nas condicións de traballo das asociadas.
- Menos lesións muscoesqueléticas nas asociadas.


