A Confraría de Pescadores San Martin foi beneficiaria dunha axuda económica da Deputación de Pontevedra a través das subvencións ás Confrarías de pescadores, á Federación de Confrarías e ás agrupacións de mariscadoras da Provincia de Pontevedra, de 18.331,08€ para a adquisición a construción de estrutura metálica para gardería de vehículos, adquisición de diverso mobiliario e equipamento, e mantemento do local da Confraría de Pescadores San Martín

O principal resultado que se pretende acadar con este proxecto é mellorar as condicións de traballo e ofrecer un mellor servizo aos asociados/as da Confraría do Grove.

Outros resultados esperados:

  • Melloras nas condicións de traballo dos/as asociados/as, empregados/as e clientes/as.
  • Melloras na conservación en óptimas condicións dos distintos vehículos.
  • Mantemento do bo estado de conservación do edificio da Confraría de Pescadores San Martín.
  • Traballo realizado de maneira mais áxil e eficiente.
  • Mellora da competitividade da lonxa do Grove.
  • Mellorar os servizos prestados aos socios/as.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos requeridos están marcados *

Publicar comentario