No conxunto das actuacións previstas para o 2016 e 2017, se encontra o desenvolvemento de contidos multimedia que se poderán consultar en pantallas interactivas colocadas na lonxa do Grove.

Co desenvolvemento de contidos multimedia para a lonxa do Grove, búscase cumplir os seguintes obxectivos definidos pola Confraría do Grove:

  • Facilitar o acceso á información, na propia lonxa, sobre o traballo desenvolvido polos traballadores do mar e os produtos que comercializan. Para desta forma, poñer en valor os peixes e mariscos do Grove.
  • Promocionar a venda dos produtos comercializados polos asociados da Confraría do Grove, mediante a potenciación de vínculos emocionais.
  • Crear unha visión de conxunto da estrutura e funcionamento da Confraría e as súas labores. Par poñer en valor o seu traballo.
  • Construír unha imaxe integrada da Confraría do Grove a través dunha representación visual. Para desta forma, mellorar a súa identificación.

Estes obxectivos xerais serán a base/punto de partida para desenvolver os contidos multimedia que estarán dispoñibles a principios do ano 2017.

Proxecto financiado por:

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos requeridos están marcados *

Publicar comentario