A Confraría de Pescadores San Martín recibíu unha axuda económica de 32.000€ no ano 2019 a través das axudas a proxectos colectivos financiados polo FEMP, para a conservación e restauración da biodiversidade e dos ecosistemas mariños no marco de actividades marisqueiras sustentables.
Este proxecto se centra en dúas accións principais:
– Eliminación de individuos das especies citadas e as súas postas.
– Recollida de datos de distribución, abundancia, densidades, e outros parámetros que axuden nun maior coñecemento das especies.
Os obxectivos xerais son:
– Reducir e controlar as poboacións destes murícidos.
– Obter datos para un mellor coñecemento das especies.
– Diminuír a mortaldade por predación e aumentar o recrutamento dos moluscos bivalvos dos bancos da Enseada.
– Mellorar a biodiversidade e conservación nunha zona de gran valor medio ambiental.
Outros obxectivo específicos:
- Control e eliminación das dúas especies de murícidos mediante técnicas de mergullo.
- Cartografiado da zona de actuación e recollida de datos de interese.
- Eliminación de residuos que se atopen na zona submareal de Enseada.
- Reducir a depredación sobre os bancos marisqueiros da Enseada de O Grove.
- Aumentar os coñecementos sobre a bioloxía destas especies.
Os resultados esperados do proxecto son:
Coas accións incluídas no proxecto se prevé, non a eliminación completa das dúas especies de murícidos, pero si polo menos ter un certo control da poboación das dúas especies. Isto terá un efecto moi positivo sobre os bancos marisqueiros e sobre as poboacións naturais de moluscos bivalvos da Enseada.