A Confraría de Pescadores San Martín foi beneficiaria dunha axuda económica de 55.000€, dos cales o 75% son cofinanciados polo FEMP e o 25% pola Comunidade Autónoma, para a eliminación de adultos e ootecas das especies invasoras Murex trunculus e Bolinus brandaris na Enseada do Grove.

O obxectivo xeral do proxecto son:

  • Reducir e controlar as poboacións destes murícidos.
  • Obter datos para un mellor coñecemento das especies.
  • Diminuír a mortaldade por predación e aumentar o recrutamento dos moluscos bivalvos dos bancos marisqueiros da Enseada do Grove.
  • Mellorar a biodiversidade e conservación nunha zona de gran valor medio ambiental.

Entre os obxectivos específicos do proxecto están:

  • Control e eliminación das dúas especies de murícidos mediante técnicas de mergullo.
  • Cartografado da zona de actuación e recollida de datos de interese.
  • Eliminación de residuos que se atopen na zona submareal da Enseada do Grove.
  • Reducir a depredación sobre os bancos marisqueiros da Enseada do Grove.
  • Aumentar os coñecementos sobre a bioloxía destas especies.

Con este proxecto prevese ter un certo control da poboación das dúas especies, xa que a erradicación completa é moi difícil. Isto terá un efecto moi positivo sobre os bancos marisqueiros e sobre as poboacións naturais de moluscos bivalvos da Enseada do Grove.

Este proxecto levarase a cabo nas anualidades 2022-2023.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos requeridos están marcados *

Publicar comentario