O proxecto Lonxanatur foi financiado polo FEMP, e ten como obxectivo principal a mellora da competitividade do sector pesqueiro a través da diversificación, en especial a través do aumento do valor engadido das producións pesqueiras grazas as acción promocionais tanto dos produtos do mar, como da posta en valor do traballo de mariñeiros e mariscadoras, destacando o papel da muller e a necesidade da preservación do medio mariño e os recursos pesqueiros.

As actividades deste proxecto forón levadas a cabo nos anos 2016 e 2017.

Unha vez posto en marcha o proxecto o primeiro que se logrou foi a diversificación de actividades, posto que se creou unha infraestructura turística na que se promocionou e se da visibilidade, non só os produtos pesqueiros locais, senón a forma de traballar de mariñeiros e mariscadoras, e polo tanto, poñendo en valor o seu traballo.

Tamén se dou visibilidade ó papel da muller no mar e fixéronse actividades formativas, tanto para este colectivo como para o resto de profesionais do sector pesqueiro, e tamén para incidir na necesidade de coidar o medio mariño, e facer  un aproveitamento sostible dos recursos. Logrouse por tanto, un resultado de participación feminina nas actividades de formación de máis de 50 mulleres.

Os principais resultados acadados co proxecto foron:

  • Posta en valor do traballo de mariñeiros/as e mariscadores/as, incidindo no papel da muller no mar.
  • Posta en valor dos produtos pesqueiros e mariñeiros.
  • Mellora da eficiencia na comercialización das producións pesqueiras: accións de marketing, campañas de comercialización, etc.
  • Creación dunha infraestructura turística que promociona e da visibilidade ós produtos pesqueiros locais.
  • Concienciación sobre a importancia que ten o coidado do medioambiente, para a preservación dos recursos.
  • Contar con unha ferramenta de comunicación interna cos asociados/as.
  • Diversificar as actividades da pesca.
  • Fomento do crecemento económico local, debido a que coa posta en marcha do proxecto, visitan o Concello do Grove mais turistas.
  • Coa compra dos distintos equipamentos da lonxa, logrouse axilizar o traballo dos asociados e polo tanto favorecese a competitividade, a mellora na cadea de comercialización, conservación e custodia dos produtos frescos, etc.
  • Coa posta en marcha das actividades formativas, promoveuse a integración laboral da mocidade, parados de longa duración, maiores 55 anos, etc.

 

Actividades realizadas no ano 2016:

1ª parte do «Ciclo Diversifica Mar»:

  • Creación dunha app de comunicación interna cos/coas asociados/as, que facilita o acceso a información dos/as socios/as e axilida a comunicación.
  • Compra de furgoneta isotermo, que axiliza o traballo de transporte das distintas especies á lonxa, e polo tanto contribúe á conservación destes produtos ata que chegan a lonxa en óptimas condicións.
  • Compra dun acuario expositor para a peixería da entidade, no que poder expoñer os produtos pesqueiros vivos (nécora, camarón, centolo…) para fomentar a compra entre os clientes.
  • Elaboración dun vídeo promocional da entidade (https://youtu.be/_1mw3lxhMoA), co obxetivo de dar visibilidade a todos os sectores productivos da entidade.
  • Colocación de 3 casetas de pesaxe na sala de marisqueo, para axilizar o traballo de pesado dos bivalvos.
  • Colocación dun panel informativo na lonxa, para que os/as asociados/as e os/as clientes teñan información das distintas vedas, información da entidade, prezos, condicións meteorolóxicas, etc.
  • Colocación dun sistema de sonido na lonxa, con varias cámaras que graban a subasta e unha pantalla para a zona destinada para os turistas, na que estes poidan ver as imaxes da subasta.
  • Colocación de pasamanos nas escaleiras que facilitan o acceso a zona destinada ós turistas, a xente de máis idade.
  • Compra de mesa e 50 sillas para facer as actividades divulgativas na lonxa.
  • Realización de curso de comercialización de produtos do mar, no que se explican as novas formas de comercialización dos produtos pesqueiros.
  • Realización de curso de orientación ó autoemprego e creación de empresas no sector do mar.

 

Actividades realizadas no ano 2017

2ª parte do «Ciclo Diversifica Mar»:

  • Construcción de aseos na zona destinada para os turistas, co obxetivo de dar un servizo a todos aqueles que visiten a lonxa, ou participen nas distintas actividades divulgativas.
  • Arranxo do almacén da lonxa, para gardar en óptimas condicións de salubridade as caixas e demais elementos que se usan na subasta.
  • Instalación de bins para conservar vivos a nécora e o camarón antes da subasta. Isto contribúe a conservación destes produtos ata que poidan ser subastados en óptimas condicións.
  • Compra de dous totem e dous quioscos multimedia, que se instalaron na lonxa e que  serven para coñecer as especies e artes de captura, o papel da muller, etc
  • Realización dun obradoiro sobre residuos no mar, dirixido ós profesionais do sector principalmente, para conciencialos da importancia de adoptar unhas boas prácticas para a minimización dos residuos no mar.
  • Realización dun obradoiro medioambiental sobre a contaminación na Ría, para concienciar sobre os distintos problemas de contaminación da Ría.
  • Realización dun curso de aproveitamento de algas, no que se explicaron as distintas especies existentes, como extraelas, comercializalas, etc.

«Ciclo os produtos do mar»:

Fixéronse varias xornadas de divulgación de produtos. Durante os meses de Xaneiro a Outubro cada mes dedicouse a promocionar os produtos de temporada, explicar como se capturaban, o seu etiquetaxe, etc.

En cada unha destas xornadas contaronse con diversas colaboracións: redeiras, collareiras, enólogos, biólogos, artistas que traballan con materiais relacionados co mundo do mar, cociñeiros, etc.

Durante estas xornadas con gran afluencia de público, os asistentes puideron ver tamén un pequeno show-cooking e degustar os produtos cociñados en cada xornada.

«Ciclo os oficios do mar e o papel da muller»

Fixose unha exposición na sala de acceso ós turistas da lonxa, na que os visitantes puideron coñecer as distintas artes de pesca, o funcionamento dunha lonxa, o papel da muller, etc.

1ª parte - Ciclo Diversifica - Mar (anualidade 2016)

2ª parte - Ciclo Diversifica - Mar (anualidade 2017)

[/vc_column][/vc_row]

Ciclo os produtos do Mar (anualidade 2017)

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos requeridos están marcados *

Publicar comentario