A Confraría de Pescadores San Martín do Grove, foi beneficiaria dunha axuda ao abeiro das estratexias de desenvolvemento local participativo (EDLP), aprobadas aos grupos de acción local do sector pesqueiro para o desenvolvemento sustentable das zonas de pesca, no marco do Fondo Europeo Marítimo e da Pesca 2014-2020, por un importe de 27.425,13€.

O obxectivo xeral deste proxecto é mellorar a competitividade do sector pesqueiro, a través da mellora na eficiencia na comercialización das producións pesqueiras, así como o aumento do valor engadido das producións pesqueiras grazas as accións promocionais tanto dos produtos do mar, como da posta en valor do traballo de mariñeiros e mariscadoras.

Con este proxecto preténdese:

  • Mellorar a competitividade da Confraría de Pescadores San Marín, coa modernización tanto da peixería da entidade, como das oficinas e a lonxa.
  • Posta en valor dos produtos pesqueiros e marisqueiros.
  • Mellora da eficiencia na comercialización das producións pesqueiras: accións de marketing, campañas de comercialización e redes sociais, nas que se poñan en valor os produtos do mar, para favorecer a comercialización.

Os obxectivos específicos do proxecto son:

  • Fomento do crecemento económico e inclusión social nas comunidades costeiras dependentes da pesca e o marisqueo.
  • Mellora nas condicións de traballo dos/as empregados/as da Confraría.

O proxecto que se desenvolve nos meses de Setembro e Outubro do ano 2019, incluíu as seguintes actuacións:

  • Na lonxa: ampliouse a capacidade de estabulación de crustáceos, incorporándose 3 bins mais os xa existentes, que lograrán manter o produto en óptimas condicións ata poder ser subastado. Tamén se realizaron accións promocionais da Centola do Grove a través de carteis e folletos.
  • Na oficina da entidade: modernizáronse os equipos informáticos incorporando un servidor, 1 switch, 2 ordenadores de sobremesa e 1 ordenador portátil. O obxectivo destas adquisicións é poder dar un mellor servizo ós/ás asociados/as, así como garantir o correcto arquivo dos datos. Ademais tamén se adquiriron 2 armarios altos, 2 armarios baixos para o arquivo de documentación en soporte papel. Tamén se adquiriron dúas taquillas para poder gardar as ferramentas de traballo do biólogo nas praias. A adquisición deste material é necesaria para cumprir o obxectivo específico de mellora das condicións de traballo dos empregados da entidade.
  • Na peixería da entidade, co obxectivo de mellorar a competitividade e poñer en valor os distintos produtos pesqueiros, fixéronse as seguintes accións:
    • Colocacións de azulexos e ampliación de zonas de paso
    • Colocación de estantería
    • Instalación de equipos de vixilancia e cableado
    • Instalación de equipos informáticos, básculas e programa de venda ó consumidor
    • Instalación de porta
    • Colocación de pantalla para facer promoción dos distintos produtos

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos requeridos están marcados *

Publicar comentario