Mellora da gobernanza na xestión pesqueira artesanal no ámbito do parque nacional Illas Atlánticas – GALP5/18

Este proxecto é un proxecto de cooperación entre GALPs. O equipo estivo composto por un coordinador, a Federación Provincial de Confrarías de Pescadores de Pontevedra, e cinco promotores, cada un deles representando a cada unha das tres Rías do ámbito xeográfico da provincia de Pontevedra (Vigo, Pontevedra e Arousa), e foron respectivamente a Confraría de Cangas, Bueu, Portonovo, O Grove e Aguiño.

Foi desenrolado de maneira conxunta na Ría de Arousa pola Confraría de pescadores do Grove e e a Confraría de pescadores de Aguiño,  e ten como obxectivo xeral fortalecer a pesca a pequena escala e empoderar na gobernanza das súas actividades pesqueiras ós pescadores tradicionais a través do traballo de elaboración dun documento de diagnose que recolla a dependencia socio-económica das confrarías dos GALPs Ria de Arousa, Ría de Pontevedra e Ría de Vigo no ámbito territorial das augas do P.N. Illas Atlánticas e as medidas de xestión pesqueira propostas por estas entidades.

Os resultados previstos coa implementación do proxecto son:

  • Estudo xeográfico das confrarías e análise das actividades pesqueiras.
  • Recompilación toda a información relativa ás actividades que se desenvolven no ámbito do P.N. Illas Atlánticas
  • Información analizada: realidade e situación actual das actividades pesqueiras no ámbito do P.N. Illas Atlánticas
  • Prantexar unha proposta de uso e xestión pesqueira no ámbito do P.N. das Illas Atlánticas
  • Divulgar os resultados obtidos do análise e da proposta resultante no ámbito do P.N. Illas Atlánticas
  • Constituír unha «Mesa de traballo» co Organismo Autónomo P.N. Illas Atlánticas

Ademais contribúe ós obxectivos específicos do FEMP:

  • Protección e restauración da biodiversidade e os ecosistemas acuáticos. Fomentarase a protección e recuperación da biodiversidade dos ecosistemas mariños para garantir o mantemento dos hábitats e dos ecosistemas mariños en cumprimento das correspondentes Directivas. Para iso, entre outros aspectos, o proxecto prevé traballar con programas de información xeográfica e recoller as zonas de especial interese pesqueiro así como facer unha adecuada difusión dos resultados obtidos e a mellora da gobernanza entre os pescadores e outros actores coma o P.N. Illas Atlánticas.
  • Fomento da competitividade e a viabilidade das empresas pesqueiras, con inclusión da pesca costeira artesanal, e a mellora da seguridade e as condicións de traballo, intentando garantir o mantemento dos empregos do sector pesqueiro artesanal que faenen en augas do ámbito do P.N. Illas Atlánticas.

Este proxecto plurianual, constou de dúas anualidades: 2016 e 2017. E foi subvencionado en 35.095,86€ a través das axudas para proxectos ó abeiro das estratexias de desenvolvemento local do sector pesqueiro (GALP) no marco do FEMP.

Este proxecto tivo como prioridade principal do FEMP, fomentar unha pesca sustentable dende o punto de vista medioambiental, eficiente no uso dos recursos, innovadora, competitiva e baseada no coñecemento.

Como obxectivos específicos da prioridade do FEMP, esta o fomento da competitividade e a viabilidade das empresas pesqueiras, con inclusión da pesca costeira artesanal, e a mellora da seguridade e as condicións de traballo. Non se puido establecer un valor previsto de resultado, posto que o proxecto trata de manter o emprego existente na pesca, polo tanto, estas persoas non traballaran nas confrarías promotoras, senón que serán autónomas, SL ou CB, ou en todo caso, serán traballadores destes autónomos, SL ou CB.

No ano 2016, o que se fixo foi recompilar a información relativa ás actividades que se desenvolven no ámbito do P.N. Illas Atlánticas. Por un lado desagregáronse as actividades nun contexto espazo-temporal por illa e coñecéronse as zonas de importancia biolóxica para as principais especies comerciais pesqueiras capturadas na zona.

No ano 2017 seguiuse recompilando mais información relativa ás actividades que se desenvolven no ámbito do P.N. Illas Atlánticas. Finalizado este proceso, procedeuse a analizar a información obtida e presentar unha proposta de uso e xestión pesqueira no ámbito do P.N. Illas Atlánticas. O seguinte paso foi a divulgación dos resultados obtidos da análise e da proposta resultante no ámbito do P.N, Illas Atlánticas. Por último está a constitución dunha mesa de traballo co Organismo Autónomo P.N. Illas Atlánticas, para darlle a coñecer a proposta de uso e xestión do sector pesqueiro no P.N.

 

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos requeridos están marcados *

Publicar comentario