A Confraría de Pescadores San Martín do Grove, foi beneficiaria dunha axuda ao abeiro das estratexias de desenvolvemento local participativo (EDLP), aprobadas aos grupos de acción local do sector pesqueiro para o desenvolvemento sustentable das zonas de pesca, no marco do Fondo Europeo Marítimo e da Pesca 2014-2020, por un importe de 32.867,70€.
O obxectivo xeral deste proxecto e mellorar a competitividade do sector pesqueiro, a través da preservación dos recursos nos bancos marisqueiros e protección do medio ambiente.
Este obxectivo está relacionado cos obxectivos específicos do FEMP, posto que a finalidade é o mantemento de postos de traballo no sector do mar, compatibles coa preservación do medio mariño e que melloran a competitividade, o equilibrio e a sostenibilidade (obxectivos da cohesión territorial)
Con este proxecto preténdese:
- Mellorar a competitividade da lonxa do Grove, coa modernización do sistema de subasta.
- Preservación dos recursos marisqueiros nos bancos marisqueiros da Confraría do Grove, a través de traballos de limpezas de algas e traballos de rexeneración.
- Mantemento de postos de traballo no colectivo de marisqueo a pé.
- Mellorar o acceso ós recursos nas zonas marisqueiras.
- Garantir que as actividades e usos no medio mariño sexan compatibles coa preservación da súa biodiversidade.
Os obxectivos específicos do proxecto son:
- Fomento do crecemento económico e inclusión social nas comunidades costeiras dependentes da pesca e o marisqueo.
- Mellora nas condicións de traballo dos mariscadores e mariscadoras.
O proxecto consta de dúas anualidades.
No ano 2018, modernizouse a subasta de peixe e marisco da lonxa do Grove, dotándoa de 4 pantallas, controladora e mandos de parada bidireccional. Por outro lado nesta primeira anualidade, tamén se adquiriu un tractor de 100CV para poder facer limpeza das praias, que forman parte das concesións marisqueiras da Confraría do Grove. A compra destes elementos son necesarios para lograr o obxectivo de facer da lonxa do Grove unha lonxa competitiva, e tamén para lograr a preservación do medio mariño e dos recursos pesqueiros, xa que coa compra do tractor poderán limparse as praias, e por tanto osixenarase a area para que medren as especies marisqueiras.
No ano 2019, adquiriuse un tractor de 75CV para poder facer a limpeza das praias do Concello de Cambados , e que forman parte das concesións marisqueiras da Confraría do Grove (Saíñas, Correlo, etc). Tamén se mercou nesta segunda anualidade, unha embarcación que mellora as condicións de mobilidade dos/as mariscadores/as a pé, para poder trasladarse ós bancos marisqueiros ós que non é posible acceder a pé. A compra destes elementos son necesarios para lograr a preservación do medio mariño e dos seus recursos, xa que co tractor limparanse as praias, e por tanto, osixenarase a area para que medren as especies marisqueiras, e por outro lado poderá accederse a bancos marisqueiros ós que non é posible acceder a pé, para poder facer limpezas e retiradas de especies invasoras como murícidos (hexaples trúnculus e Bolinus brandaris)