A Confraría de pescadores San Martín do Grove, foi beneficiaria no ano 2018 dunha axuda por importe de 18.600€ para proxectos colectivos, financiados polo FEMP, para a modernización das infraestructuras dos portos pesqueiros, lugares de desembarque e das lonxas, que melloren as condicións de traballo e seguridade das persoas.

Con esta axuda económica a Confraría de Pescadores San Martín do Grove adquiríu un empilador eléctrico e dúas transpaletas eléctricas.

O principal obxectivo que se pretendeu conseguir con este proxecto e a mellora da competitividade da Confraría de Pescadores San Martín, a través da mellora das condicións de seguridade dos asociados/as e empregados/as do sector da pesca.

Obxectivos acadados:

  • Axilizar e simplificar o proceso de transporte de mercadorías na lonxa.
  • Recortar os tempos de traballo.
  • Mellorar as condicións de traballo na lonxa.

Resultados acadados:

  • Diminución de lesións e accidentes relacionados co traballo.
  • Mellorar a seguridade e hixiene dos traballadores/as do mar.
  • Modernización do ámbito socioeconómico do sector, a través da adquisición de novas ferramentas de traballo.
  • Fomento da competitividade da lonxa do Grove, respecto a outras lonxas

Beneficiarios do proxecto:

  • Asociados/as da entidade.
  • Traballadores/as da entidade.
  • Compradores/as da lonxa.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos requeridos están marcados *

Publicar comentario