A Cofradía de Pescadores San Martín recibiu unha axuda económica da Deputación de Pontevedra de 24.941,62€ a través das subvencións ás confrarías de pescadoras e pescadores, á federación de confraría e ás agrupacións de mariscadoras da provincia de Pontevedra para investimentos durante o exercicio 2022.
Co fin de mellorar a comercialización das producións pesqueiras e marisqueiras na lonxa da Grove, e mellorar os servizos que se lle prestan aos asociados/as, adquiríronse os seguintes equipamentos:
- Pantalla de 55” para efectuar as subastas na sala de bivalvos.
- Equipo de son para a lonxa, co fin de realizar as asembleas de socios, xornadas divulgativas, etc.
- Equipos informáticos para a lonxa e oficina da entidade.
- Arcón conxelador e vitrina mural para a peixería.
- Sistema de videovixilancia para a lonxa e peixería.
Coa compra de estes equipamentos acadáronse os seguintes resultados:
- Melloras nas condicións de traballo dos/as asociados/as, empregados/as e clientes/as.
- Mellor control dos produtos pesqueiros ata o momento de realizar as poxas,
- Melloras nos servizos prestados aos/as asociados/as, en especial ao colectivo de marisqueo.
- Mellora da competitividade da lonxa do Grove.
- Mellora nas poxas de marisqueo.