A Cofradía de Pescadores San Martín do Grove foi beneficiaria dunha axuda económica de 246.125,61€ a través da orde de axudas ao abeiro da estratexia de desenvolvemento local participativo aprobada polo GALP5 .
Este proxecto esta cofinanciado nun 70% polo Fondo Europeo Marítimo da Pesca e da Acuicultura (FEMPA), e o 30% da Comunidade Autónoma.
Este proxecto divídese en dúas anualidades.
No ano 2024 a entidade vai adquirir:
- Unha furgoneta isotermo con etiqueta ECO.
- Un motor e gps para a lancha da vixiancia.
- Un sistema de control horario para os/as traballadores/as.
- Realizará un curso para dar a coñecer o oficio de colareira, de nivel básico.
- Realizará unha xornada sobre o Patrimonio Marítimo.
No ano 2025 a entidade vai adquirir:
- Un tractor con pala, cultivador e cabestrante
- Dous remolques
- Un curso para dar a coñecer o oficio de colareira, de nivel intermedio.
Con este proxecto preténdense acadar os seguintes resultados:
– Apoio ás actividades extractivas do marisqueo, debido á súa transcendencia global na economía das zonas pesqueiras.
– Innovar na cadea da pesca, como factor que xera valor engadido aos recursos pesqueiros e ao sector.
– Potenciar e reforzar a transformación dixital, a transformación ecolóxica (mediante o uso de enerxías mais ecolóxicas ) e a sostibilidade centrada na conservación dos recursos, a economía circular e a diversificación cara os sectores da economía azul no ámbito local.
– Reforzar a Cofradía de Pescadores San Marín do Grove como sector estratéxico da economía da Ria de Arousa.
– Posta en valor dos recursos pesqueiros.