A Cofradía de Pescadores San Martín do Grove, foi beneficiaria dunha axuda económica de 246.125,61 euros, financiada nun 70% polo Fondo Europeo Marítimo de Pesca e Acuicultura (FEMPA) e nun 30% pola comunidade autónoma, para o reforzo da Confraría de pescadores San Martín do Grove como sector estratéxico da Ría de Arousa.

Este proxecto levouse a cabo durante os anos 2024 e 2025, e inclueu:

  • A compra dunha furgoneta con etiqueta eco que permite unha redución de emisións de carbono no sector da pesca, a través de medidas que combaten o cambio climático.
  • A compra dun tractor que favorece a optimización do traballo colectivo do sector do marisqueo e evita a sobrecarga física dos/das traballadores/as.
  • Xornadas divulgativas.
  • Un curso para dar a coñecer o oficio de colareira de nivel básico no ano 2024 e outro de nivel medio no ano 2025.

Entre outras accións e adquisicións, que achegan melloras técnicas e tecnolóxicas.

 

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos requeridos están marcados *

Publicar comentario