A Cofradía de Pescadores San Martín do Grove foi beneficiaria dunha axuda económica de 67.601,26€ a través da orde de axudas ao abeiro da estratexia de desenvolvemento local participativo aprobada polo GALP5 .

Este proxecto esta cofinanciado nun 70% polo Fondo Europeo Marítimo da Pesca e da Acuicultura (FEMPA), e o 30% da Comunidade Autónoma.

Este proxecto divídese en dúas anualidades.

No ano 2025 a entidade vai adquirir:

  • Unha furgoneta isotermo con etiqueta ECO, para poder levar a cabo labores de vixilancia, control e supervisión das actividades marítimas, e ao mesmo tempo reducir as emisións de carbono, como medida para combater o cambio climático.
  • Realizará un curso para dar a coñecer os beneficios do consumo e características nutricionais dos produtos do mar, para fomentar o consumo dos produtos do mar ao relacionalos cun valor nutritivo e calidade como alimentos excelentes, e ao mesmo tempo, poñer en valor produtos pesqueiros infravalorados.

No ano 2026 a entidade vai:

  • Realizar un vídeo explicativo sobre as orixes da Cofradia de Pescadores do Grove, e como a gobernanza marítima ao longo dos anos mellorou a calidade de vida das persoas, mediante o desenrolo sostible no ámbito marítimo, incidindo e dándolle visibilidade ao papel da muller nas actividades pesqueiras, e a importancia de preservar os recursos mariños.
  • Confección de libros nos que se pretende culturizar a opinión pública sobre o papel das cofradías como sectores estratéxicos na economía, como evolucionou a profesionalización do sector e servan de ferramenta para animar a mocidade a continuar exercendo actividades pesqueiras e marisqueiras, é que sirvan como escaparate para que se vexa ao sector do mar, como unha oportunidade laboral atractiva.
  • Realización de exposición, ciclo de conferencias e charlas nos colexios, co fin de dinamizar a zona pesqueira e por en valor os recursos pesqueiros existentes. Na exposición porase en valor a actividade produtiva da entidade, e a importancia do papel da muller ao longo da historia da entidade.
  • Realización dun curso de cestería mariñeira, co fin de manter vivo o patrimonio cultural e a cultura tradicional mariñeira.
  • Implantación dun sistema de audioguias, que servirá para explicar a turistas e persoas locais, o que é unha cofradía, unha lonxa, que coñezan o proceso de subastas, o tipo de embarcacións que existen no porto pesqueiro, así como o traballo das mariscadoras a pé de praia.

Con este proxecto preténdense acadar os seguintes resultados:

  • Posta en valor dos recursos pesqueiros e das actividades produtivas.
  • Dar visibilidade ao papel da muller dentro do sector pesqueiro e marisqueiro ao longo da historia.
  • Transformación dixital do sector, coa adquisición de equipamentos que afectan directamente ao sector pesqueiro e marisqueiro.
  • Conservar e poñer en valor o patrimonio cultural material e inmaterial da Cofradia do Grove.
  • Potenciar iniciativas que contribuían a sostibilidade ambiental e mitigación do cambio climático e os seus efectos, a través da redución de emisións de carbono no sector e na cadea vertical da pesca.
  • Creación de experiencias de turismo mariñeiro que poñan en valor o medio mariño e os seus recursos, e que impliquen a integración social de persoas invidentes.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos requeridos están marcados *

Publicar comentario