A Confraría de Pescadores San Martín foi beneficiaria dunha axuda económica de 19.800€ no ano 2023, dos cales o 75% son cofinanciados polo FEMP e o 25% pola Comunidade Autónoma, para o proxecto de “Restauración e rexeneración do banco marisqueiro do Hotel”
Coas accións contempladas no proxecto espéranse acadar os seguintes obxectivos xerais:
– Contribuír á conservación e restauración dos hábitats naturais e a fauna e flora salvaxes.
– Mellorar a calidade de substrato para favorecer a fixación larvaria.
– Recuperación da produción de bancos marisqueiros.
– Acadar un equilibrio entre a conservación e explotación dos recursos mariños garantindo a sustentabilidade dos dous factores.
– Mellora das condicións laborais do sector marisqueiro de “a pé”.
– Evitar o abandono de zonas marisqueiras pouco produtivas coa conseguinte degradación do medio mariño.
– Controlar a presenza e o impacto de especies exóticas invasoras.
– Controlar a presenza de lixo mariño.
Entre os obxectivos específicos do proxecto están:
Mellora da biodiversidade, co acondicionamento e mantemento do substrato en condicións axeitadas para a fixación e crecemento de moluscos bivalvos e outros organismos bentónicos.
Incrementar o stock de moluscos bivalvos.
Favorecer a rotación entre bancos marisqueiros, conseguindo unha mellor redistribución dos traballos de extracción facendo a actividade mais respectuosa e sustentable ao longo do tempo.
Aumentar o peso económico da explotación de especies autóctonas de ameixa
Reducir a presenza e impacto de especies alóctonas invasoras.
Incrementar/manter o esforzo de limpeza do lixo mariño.