A Cofradía de Pescadores San Martín do Grove, foi beneficiaria dunha axuda económica de 54.000€, financiado nun 70€ polo Fondo Europeo Marítimo da Pesca e da Acuicultura (FEMPA), en un 30% pola comunidade autónoma, para o proxecto denominado «Restauración de zonas de marisqueo a pé: Vía Norte – Correlo». Este proxecto executarase no ano 2025.
Estes bancos sufriron un descenso da produción nos últimos anos. Para reverter este descenso produtivo e de recrutamento natural, e buscar a mellora das condicións destes bancos de marisqueo a pé, propoñemos as seguintes accións en ambas zonas:
- Limpeza: Antes dos traballos de descompactación do substrato, procederase á limpeza da zona a rexenerar, eliminando os posibles acúmulos de algas e outros residuos sólidos. Ademais, extraerase todo o marisco que se atope na zona, xa que os traballos de remoción poderían danar o pouco que haxa.
- Preparación e mellora das condicións do substrato: Será o propio colectivo de marisqueo a pé quenes, empregando unha motobomba de chorros de auga, removan o substrato. Con estas medidas búscase reverter a compactación dos sedimentos, diminuíndo a proporción de materia fina, aumentar a profundidade da capa redox, e mellorar a biodiversidade das zonas. Ademais, a remoción do substrato facilitará e acelerará o soterramento da cría de ameixa que se vai a sementar posteriormente.
- Introdución de ameixa babosa provinte de criadeiro: A especie elixida para este proxecto é Venerupis corrugata (Ameixa babosa), especie autóctona da costa galega, con indubidábel valor biolóxico e económico. A sementeira de ameixa terá efectos positivos, xa que a propia acción dos organismos manterá o substrato en condicións óptimas, aumentará a biodiversidade e axudará a reducir a sobreexplotación .
- Control de especies alóctonas presentes na zona: En toda a Enseada de O Grove- A Toxa atópanse exemplares das especies exóticas invasoras Bolinus brandaris e Hexaplex trunculus, que constitúen unha gran ameaza para os bancos marisqueiros. A Confraría leva anos levando a cabo proxectos de eliminación de estas especies. Os traballos de rexeneración axudarán a facer un seguimento delas, controlar a súa aparición e eliminación.
- Seguemento das accións relizadas: Unha vez realizadas as actuación propostas anteriormente, procederase a levar un control periódico das zonas, que se verá favorecido ao tratarse de zonas delimitadas e pechadas. As mostraxes periódicas realizadas no banco, así como as labores do marisqueo, serán o instrumento para lograr que as condicións idóneas se manteñan na zona.
Estas accións teñen por obxecto:
- Recuperar hábitats mariños ou costeiros de gran importancia medio ambiental, en favor de poboacións de especies de interese marisqueiro e contribuirán a unha mellor conservación dos recursos biolóxicos mariño,s a través da restauración do substrato, e que poidan mellorar a fixación larvaria e reintrodución de especies autóctonas.
- Protexer e conservar a fauna autóctona a través da sementeira de Venerupis corrugata.
- Previr, controlar ou eliminar especies exóticas invasoras que poñan en perigo a conservación dos hábitats e especies. Na zona a restaurar levarase a cabo un control e seguimento das especies de murícidos alóctonos Hexaplex trunculus e Bolinus brandaris.
Ademais, podemos dicir que o proxecto favorece un uso axeitado do territorio, xa que mantén a distribución espacial de usos establecida nas últimas décadas.