A Cofradía de Pescadores San Martín do Grove, foi beneficiaria dunha axuda económica de 44.900€, financiado nun 70€ polo Fondo Europeo Marítimo da Pesca e da Acuicultura (FEMPA), en un 30% pola comunidade autónoma, para o proxecto denominado “Restauración do banco de Meloxo (AR-086), que se executará no ano 2025.
O banco marisqueiro de Meloxo sufríu un descenso da producción nos últimos anos. Para reverter este descenso produtivo e de recrutamento natural, e buscar a mellora das condicións deste banco marisqueiro, propoñemos as seguintes accións:
- Limpeza: Antes dos traballos de remoción do substrato, procederase á limpeza da zona a rexenerar, eliminando os posibles acúmulos de algas e outros residuos sólidos. Ademais, extraerase todo o marisco que se atope na zona, xa que os traballos de remoción poderían danar o pouco que haxa. Para elo o sector empregará os seus propios raños de traballo.
- Preparación e mellora das condicións do substrato: Para esta tarefa contrataranse os servizos de unha embarcación dotada de unha bomba de succión. A bomba aspirará o substrato e o volverá a soltar no mesmo sitio. Irase desprazando ao longo da zona a rexenerar a medida que vai realizando esta tarefa. Con estas medidas búscase reverter a compactación dos sedimentos, diminuíndo a proporción de materia fina, aumentar a profundidade da capa redox, e mellorar a biodiversidade das zonas, así como a creación de pequenos lombos, xa que ao depositar o substrato, aínda que o barco se vaia desprazando, enténdese que non quedará totalmente homoxéneo. Ademais, a remoción do substrato facilitará e acelerará o soterramento da cría de ameixa que se vai a sementar posteriormente.
- Introdución de ameixa babosa provinte de criadeiro: A especie elixida para este proxecto é Venerupis corrugata (Ameixa babosa), especie autóctona da costa galega, con indubidábel valor biolóxico e económico. A sementeira de ameixa terá efectos positivos, xa que a propia acción dos organismos manterá o substrato en condicións óptimas, aumentará a biodiversidade e axudará a reducir a sobreexplotación .
- Control de especies alóctonas presentes na zona: En toda a Enseada de O Grove- A Toxa atópanse exemplares das especies exóticas invasoras Bolinus brandaris e Hexaplex trunculus, que constitúen unha gran ameaza para os bancos marisqueiros. A Confraría leva anos levando a cabo proxectos de eliminación de estas especies, e resulta primordial que non se produza a súa expansión ao resto de zonas. Os traballos de rexeneración axudarán a facer un seguimento máis exhaustivo, incrementando a presenza do sector na zona e aumentando o control para unha posible detección.
- Seguemento das accións relizadas: Unha vez realizadas as actuación propostas anteriormente, procederase a levar un control periódico da zona, que se verá favorecido ao tratarse de unha zona delimitada. As mostraxes periódicas realizadas no banco, así como as labores do marisqueo, serán o instrumento para lograr que as condicións idóneas se manteñan na zona.
Estas accións teñen por obxecto:
- Recuperar hábitats mariños ou costeiros de gran importancia medio ambiental, en favor de poboacións de especies de interese marisqueiro e contribuirán a unha mellor conservación dos recursos biolóxicos mariños a través da restauración do substrato, e que poidan mellorar a fixación larvaria e reintrodución de especies autóctonas.
- Protexer e conservar a fauna autóctona a través da sementeira de Venerupis corrugata.
- Previr, controlar ou eliminar especies exóticas invasoras que poñan en perigo a conservación dos hábitats e especies.
Ademais, podemos dicir que o proxecto favorece un uso axeitado do territorio, xa que mantén a distribución espacial de usos establecida nas últimas décadas.