A Cofradía de Pescadores San Martín do Grove, foi beneficiaria dunha axuda económica de 27.000 euros, financiada nun 70% polo Fondo Europeo Marítimo de Pesca e Acuicultura (FEMPA) e nun 30% pola comunidade autónoma, para a continuación do proxecto denominado “Restauración do banco de Meloxo (AR-086)” con expediente PE209B-2024-031.
O obxetivo do proxecto é restaurar unha zona que sempre foi de gran importancia dentro do plan de xestión de marisqueo dende embarcacións da Confraría de Pescadores San Martiño do Grove, en concreto, do plan de xestión de zonas de Libre Marisqueo.
Para reverter este descenso produtivo e de recrutamento natural, e buscar a mellora das condicións deste banco marisqueiro, propoñemos as seguintes accións:
- Limpeza: Antes dos traballos de remoción do substrato, procederase á limpeza da zona a rexenerar, eliminando os posibles acúmulos de algas e outros residuos sólidos.
- Preparación e mellora das condicións do substrato: Para esta tarefa, membros do propio sector empregarán unha máquina motobomba de chorros de auga a presión, propiedade da confraría. Con estas medidas búscase reverter a compactación dos sedimentos, diminuíndo a proporción de materia fina, aumentar a profundidade da capa redox, e mellorar a biodiversidade das zonas. Ademais, a remoción do substrato facilitará e acelerará o soterramento da cría de ameixa que se vai a sementar posteriormente.
- Introdución de ameixa babosa provinte de criadeiro: Sementarase a especie autóctona Venerupis corrugata (Ameixa babosa). A sementeira terá efectos positivos, xa que a propia acción dos organismos manterá o substrato en condicións óptimas, aumentará a biodiversidade e axudará a reducir a sobreexplotación.
- Control de especies autóctonas presentes na zona: No ámbito da confraría temos presentes varias especies exóticas invasoras, un clásico xa son Bolinus brandaris e Hexaplex trunculus, presentes en toda a Enseada de O Grove- A Toxa, resultando primordial que non se produza a súa expansión ao resto de zonas. Os traballos de rexeneración axudarán a facer unseguimento máis exhaustivo, incrementando a presenza do sector na zona e aumentando o control para unha posible detección.
- Seguimento das accións realizadas: Unha vez realizadas as actuacións propostas anteriormente, procederase a levar un control periódico da zona, que se verá favorecido ao tratarse de unha zona delimitada. As mostraxes periódicas realizadas no banco, así como as labores do marisqueo, serán o instrumento para lograr que a zona se manteña nunhas condicións idóneas.
Estas accións teñen por obxecto:
- Recuperar hábitats mariños ou costeiros de gran importancia medio ambiental, en favor de poboacións de especies de interese marisqueiro e contribuirán a unha mellor conservación dos recursos biolóxicos mariños a través da restauración do substrato, e que poidan mellorar a fixación larvaria e reintrodución de especies autóctonas.
- Protexer e conservar a fauna autóctona a través da sementeira de Venerupis corrugata.
- Previr, controlar ou eliminar especies exóticas invasoras que poñan en perigo a conservación dos hábitats e especies


