A Cofradía de Pescadores San Martín do Grove, foi beneficiaria dunha axuda económica de 54.000 euros, financiada nun 70% polo Fondo Europeo Marítimo de Pesca e Acuicultura (FEMPA) e nun 30% pola comunidade autónoma, para a continuación do proxecto denominado Restauración Vía Norte (AR-096) e Correlo (AR-103-1A)

Nesta convocatoria quixemos complementar as accións aprobadas no proxecto PE209B-2024-019, restaurando dúas zonas que sempre foron de gran importancia dentro do plan de xestión de marisqueo a pé da Confraría de O Grove.

Para tal fin, propúxose levar a cabo unha adecuación do substrato e introducción de ameixa provinte de criadeiro, neste caso de ameixa babosa (Venerupis corrugata), ao tempo que se realizan outras tarefas de conservación, como o control de especies exóticas, presenza de lixo ou retirada de algas.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos requeridos están marcados *

Publicar comentario