A cofradía de pescadores San Martín do Grove, recibiu una axuda económica de 39.844,93€ a través das axudas a proxectos colectivos financiados polo Fondo Europeo e Marítimo da Pesca (FEMP) para a protección e recuperación da biodiversidade e dos ecosistemas mariños no marco de actividades pesqueiras sustentables mediante a recollida de residuos mariños ao proxecto “Mar sen Lixo II”.
Este proxecto está financiado nun 75% cos fondos do FEMP e cun 25% cos fondos da Comunidade Autónoma.
O obxectivo principal do proxecto é limpar os bancos marisqueiros de lixo mariño e concienciar a sociedade en xeral, da importancia de manter o medio mariño limpo.
Como obxectivos específicos están:
- Retirar os residuos dos bancos marisqueiros.
- Concienciar ao sector da importancia do coidado do medio mariño e o medioambiente.
- Dar visibilidade a problemática do lixo mariño.
Para levar a cabo este proxecto fixéronse varias accións:
- Realizouse un obradoiro de estampación con lixo mariño o día 8 de Xuño (día Mundial dos Océanos), co obxectivo de dar a coñecer a necesidade de reutilizar os materiais xa existentes nas praias (plásticos) sen necesidade de mercar produtos novos, e sobre a importancia de retirar o lixo da natureza para que non remate en forma de mircroplásticos.
- Realizouse unha exposición de arte con lixo mariño da man da asociación Retoqueretro no edificio da Cofradía de Pescadores, co obxectivo de concienciar da cantidade de lixo mariño que aparece nas praias, e a segunda vida útil que se lle pode dar para crear obras de arte. Esta exposición inaugurouse o día 8 de outubro e estará aberta ao público ata o día 27 de decembro de 2023.
- Elaboración de material divulgativo: elaborouse distinto material divulgativo (carteis, trípticos, confección de bolsas de algodón…) co obxectivo de dar a coñecer o proxecto e a sensibilización sobre a problemática do lixo mariño e a necesidade de usar materiais respectuosos co medio ambiente.
- Xornada de limpeza de areais: O día 1 de setembro, 228 mariscadores e mariscadoras realizaron unha xornada de limpeza nos bancos marisqueiros de Casa da Toxa, Piscina, Hotel e a Zona 2 de poliquetos (Ardia). En total retiráronse 17.976kg de lixo mariño, que corresponden a:
- 767kg de plásticos
- 214kg de metal
- 100kg de goma
- 392kg de vidro e cerámica
- 503kg de produtos naturais