A Cofradía de Pescadores San Martín do Grove, recibiu unha axuda económica de 65.767,63€ a través das axudas a proxectos colectivos financiados polo Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e Acuicultura (FEMPA), para a protección e recuperación da biodiversidade e dos ecosistemas mariños mediante a recollida de residuos e de arribazóns de algas que poden afectar aos bancos marisqueiros, para o proxecto denominado “ MAR SEN LIXO III”
Este proxecto está financiado nun 70% cos fondos do FEMPA e cun 30% cos fondos da Comunidade Autónoma.
O obxectivo principal do proxecto é limpar os bancos marisqueiros de lixo mariño e algas e concienciar a sociedade en xeral, da importancia de manter o medio mariño limpo
Como obxectivos específicos están:
- Retirar residuos e arribazón de algas dos bancos marisqueiros.
- Concienciar ao sector da importancia do coidado do medio mariño e o medioambiente.
- Dar visibilidade á problemática do lixo mariño.
Para levar a cabo este proxecto realizaranse varias accións:
- Retiradas de lixo e algas dos bancos marisqueiros durante os anos 2024 e 2025
- Deseño e impresión de material divulgativo
Así no ano 2024, retiráronse 8.568 Kg de lixo mariño nos bancos marisqueiros de Hotel, Piscina e Casa da Toxa, dos cales:
PLÁSTICO recollido por día (kg) | 1.246 |
TÉXTIL recollido por día (kg) | 0 |
METAL recollido por día (kg) | 818 |
GOMA recollido por día (kg) | 144 |
VIDRO/CERÁMICA recollido por día (kg) | 5.135 |
PRODUTOS «NATURAIS» recollidos por día (kg) | 1.205 |
OUTROS – VARIADO recollidos por día (kg) | 20 |
No ano 2025, retiraronse sobre 27.520kg de algas dos bancos marisqueiros de Meloxo, Lavaxeira, Saíñas, A Pedra e Rego do sol.