A Cofradía de Pescadores San Martín do Grove, recibiu unha axuda económica de 26.798,80€ a través das axudas a proxectos colectivos financiados polo Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e Acuicultura (FEMPA), para a protección e recuperación da biodiversidade e dos ecosistemas mariños mediante a recollida de residuos e de arribazóns de algas que poden afectar aos bancos marisqueiros, para o proxecto denominado “ Retirada de algas dos bancos marisqueiros de a flote”

Este proxecto está financiado nun 70% cos fondos do FEMPA e cun 30% cos fondos da Comunidade Autónoma.

O obxectivo principal do proxecto é limpar os bancos marisqueiros de algas e concienciar a sociedade en xeral, da importancia de manter o medio mariño limpo

Como obxectivos específicos están:

  • Retirar residuos e arribazón de algas dos bancos marisqueiros.
  • Concienciar ao sector da importancia do coidado do medio mariño e o medioambiente.
  • Dar visibilidade á problemática do lixo mariño.

Para levar a cabo este proxecto realizaranse varias accións:

  • Retiradas de algas dos bancos marisqueiros durante os anos 2024 e 2025
  • Deseño e impresión de trípticos divulgativos

Así no ano 2024 retiraronse 8.700kg de algas do banco marisqueiro de Meloxo, en dous días de traballo:

Peso estimado recollido/día 4.140 kg 4.560 kg
Grupos principais de algas ALGAS VERDES ALGAS VERDES
Especies principais de algas ULVA SP ULVA SP
Peso total de algas recollido 4.140KG 4.560 kg

 

No ano 2024, retiraronse 9.925Kg de algas do banco marisqueiro de Meloxo, en dous días de traballo:

Peso estimado recollido/día 5.100 kg 4.825 kg
Grupos principais de algas ALGAS VERDES ALGAS VERDES
Especies principais de algas ULVA SP ULVA SP
Peso total de algas recollido 5.100KG 4.825 kg

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos requeridos están marcados *

Publicar comentario