A Confraría de Pescadores San Martín do Grove, dunha axuda económica de 12.975€, dos cales o 75% son co-financiados polo FEMP e o 25% pola Comunidade Autónoma, para realizar o proxecto de “Adquisición de hidrolimpiadora e equipamentos de pesaxe”
O principal obxectivo que se pretende conseguir con este proxecto é mellorar a calidade e o incremento do control dos produtos desembarcados procedentes da pesca.
Ademais pretenden lograrse estes obxectivos específicos:
- Conservación da calidade dos produtos desembarcados procedentes da pesca.
- Facilitar o traballo de limpeza da lonxa.
- Modernizar o traballo de limpeza da lonxa a través da adquisición de novas ferramentas de traballo.
- Fomentar a competitividade da lonxa do Grove, respecto a outras lonxas.
- Recortar os tempos de traballo.
- Mellorar as condicións de traballo na lonxa.
Para lograr estes obxectivos adquiriuse unha máquina hidrolimpiadora e varios equipamentos de pesaxe.