A Confraría de Pescadores San Martín do Grove, dunha axuda económica de 28.684€, dos cales o 75% son co-financiados polo FEMP e o 25% pola Comunidade Autónoma, para realizar o proxecto de “Adaptación das condicións de accesibilidade do almacén da lonxa e mellora dos sistemas de control dos produtos desembarcados procedentes da pesca”
O principal obxectivo que se pretende conseguir con este proxecto é a mellora no control e rastrexabilidade dos produtos desembarcados, así como a mellora das condicións de traballo na lonxa.
Ademais pretenden lograrse estes obxectivos específicos:
- Facer un adecuado control dos produtos expostos para a poxa.
- Mellorar as condicións de traballo na lonxa.
- Facilitar aos empregados/as da lonxa, o control das descargas efectuadas.
- Ser un elemento disuasorio para os/as amigos/as “do alleo”.
- Mellorar a competitividade da lonxa do Grove.
Para lograr estes obxectivos adquiriuse adaptouse a accesibilidade do almacén da lonxa e adquiriuse un sistema de videovixilancia para a lonxa.