A Cofradía de Pescadores San Martín do Grove foi beneficiaria dunha axuda económica de 187.052€, dos cales o 70% corresponden a fondos FEMPA e o 30% a fondos da CA.
Con este proxecto a Cofradia de Pescadores San Martín do Grove, construíu unha cámara de conservación de xeo e adquiriu mesas de inox, co obxectivo de modernizar as instalacións da lonxa existentes, e mellorar a calidade dos servizos prestados na lonxa, e con elo, mellorar a calidade dos produtos que alí se venden.
Os resultados esperados do proxecto son:
- Mellorar as condicións de traballo na lonxa do Grove.
- Mellorar a competitividade da lonxa do Grove, respecto a outras lonxas
- Evitar accidentes de traballo a causa dos tropezos cos palets actuais.
- Conseguir unha mellor limpeza da lonxa.
- Mellorar a calidade dos produtos desembarcados da pesca