A Confraría de Pescadores San Martín do Grove, foi beneficiaria dunha axuda económica de 138.795 euros, financiada nun 70% polo Fondo Europeo Marítimo de Pesca e Acuicultura (FEMPA) e nun 30% pola comunidade autónoma, para a adquisición dunha plataforma remorcable para o movemento de cargas co fin de mellorar da seguridade e condicións de traballo das persoas pescadoras.

Para acadar este obxetivo de mellora das condicións de traballo e de seguridade a confraría mercou unha plataforma remorcable cunha grúa de inox, xa que o Porto do Grove non contaba con ningunha.

Coa adquisición desta maquinaria os socios da confraría poderán realizar estas tarefas de movemento de cargas, reducindo os esforzos físicos, e ao mesmo tempo poden realizar estas tarefas en menos tempo. Co cal, estase beneficiando e dignificando a un sector, que tradicionalmente tiña que facer estas tarefas de maneira manual, co esforzo físico que isto acarrexa.

Entre os obxectivos especificos atópanse os seguintes:

  • Mellorar as condicións de traballo no Porto do Grove
  • Fomento da competitividade do Porto do Grove, respecto a outros Portos
  • Innovación á hora de realizar as descargas dos produtos procedentes da pesca e o movemento de cargas (redes, nasas…)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos requeridos están marcados *

Publicar comentario