A Confraría de Pescadores San Martín do Grove, foi beneficiaria dunha axuda económica de 155.880 euros, financiada nun 70% polo Fondo Europeo Marítimo de Pesca e Acuicultura (FEMPA) e nun 30% pola comunidade autónoma, para a modernización dos puntos de pesaxe na Lonxa do Grove.

A través destas axudas a cofradía, modernizou as máquinas de pesaxe automático de bivalvos, para conseguir un aforro de tempos e custes nos procesos de cribado e adquiriu unha transpaleta pesadora de inox.

O obxectivo xeral do proxecto é a mellora das condicións de traballo das persoas pescadoras e mariscadoras.

Entre os obxectivos específicos atópanse os seguintes:

  • Mellorar as condicións de traballo na lonxa do Grove.
  • Fomento da competitividade da lonxa do Grove con respecto a outras lonxas
  • Innovación á hora de realizar a clasificación e pesaxe dos produtos.
  • Este proxecto contribúe a cumprir as medidas de control indicadas nos plans plurianuais de xestión de marisqueo a pé, flote e RREE.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos requeridos están marcados *

Publicar comentario