A Confraría de Pescadores San Martín do Grove, foi beneficiaria dunha axuda económica de 46.091,15 euros, financiada nun 70% polo Fondo Europeo Marítimo de Pesca e Acuicultura (FEMPA) e nun 30% pola comunidade autónoma, para a realización das obras para mellorar as condicións de traballo na Lonxa do Grove.

Grazas a esta axuda puidemos colocar varias estanterias nas instalacións, recubrir as paredes con panel sándwich, sustituir a porta que separa a sala de subasta de peixe coa pescadería e ampliar o número de puntos de luz no exterior da lonxa.

Con este proxecto, acadáronse os seguintes obxetivos:

  • Beneficiar o interese colectivo, xa que o proxecto abarca os intereses individuais de membros da confraría, así como dos empregados e dos compradores.
  • Adquisición de equipamentos, infraestructuras ou melloras tecnolóxicas que afecten de maneira directa ao sector pesqueiro e marisqueiro.
  • Mellorar as condicións de traballo na lonxa do Grove, dignificando o traballo na lonxa.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos requeridos están marcados *

Publicar comentario