A Cofradía de Pescadores San Martín do Grove, foi beneficiaria dunha axuda económica de 5.950 euros, financiada nun 100%  pola comunidade autónoma, para a realización do proxecto denominado introducción ameixa xaponesa no Lombo das Ostras (AR-082)

Esta confraría, a través de diferentes liñas de axudas e mediante fondos propios, emprende accións de recuperación dos bancos marisqueiros do seu ámbito, sabendo que ademais dos efectos positivos a nivel ecolóxico e biolóxico, axudan a mellorar as condicións de vida e traballo das persoas dedicadas a estas actividades. Os bancos saneados, nos que o substrato está osixenado, teñen mellor producción de moluscos. Da mesma maneira, os traballos realizados polo sector contribuen de forma notable a mellora dos hábitats mariños.

Esta axuda, en concreto, empregouse para a introducción de ameixa xaponesa na ensenada de O Grove- A Toxa, pertencente ao banco Lombo das Ostras (AR-082)

A superficie da zona obxecto do proxecto foi de 2.500 m2. A especie introducida foi Ruditapes philippinarum, que xa se comprobou que se adapta perfectamente as condicións de este banco de marisqueo dende embarcación. Introducíronse un total de 880.000 individuos tras a preparación do terreo mediante o uso de un motocultor.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos requeridos están marcados *

Publicar comentario