A Confraría de Pescadores San Martín foi beneficiaria dunha axuda económica de 164.470,88€ dos cales o 70% corresponden a fondos FEMPA e o 30% a fondos da CA, para a realización deste proxecto que ten como obxecto, reforzar a xestión dos recursos da pesca costeira artesanal para garantir unha actividade económica, social e ambientalmente sustentable.

A través deste proxecto a Confraría de Pescadores San Martín puido subvencionar o seguinte persoal:

Unha Asistencia técnica, que ten como obxectivo principal a recompilación de datos e mellora da xestión responsable e sostible dos recursos mariños e hábitats costeiros, e a sensibilización medioambiental dos socios/as e do persoal traballador/a, para unha mellor compresión da necesidade de toma de medidas e accións mais conservadoras.

Oito gardas rurais, que teñen como obxectivo principal  establecer medidas para o control, acceso ás zonas de produción e o seguimento das actividades pesqueiras, así como unha vixilancia efectiva dos bancos naturais, para unha maior protección, conservación e sustentabilidade dos recursos mariños.

Este proxecto ten unha duración dende o 1 de xullo de 2024 ao 30 de xuño de 2025.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos requeridos están marcados *

Publicar comentario