A Cofradía de Pescadores San Martín do Grove, foi beneficiaria dunha axuda económica de 195.624,00 euros, financiada nun 70% polo Fondo Europeo Marítimo de Pesca e Acuicultura (FEMPA) e nun 30% pola comunidade autónoma, para reforzar a xestión dos recursos da pesca costeira artesanal para os anos 2025 e 2026.
A Confraría de Pescadores San Martín de O Grove desenvolve un proxecto centrado na conservación e protección dos recursos mariños e dos seus ecosistemas. O obxectivo é garantir unha explotación responsable, equilibrada e sustentable, que mellore a calidade de vida e as condicións laborais do sector.
As accións inclúen:
- A elaboración e desenvolvemento de plans de xestión marisqueira e de recuperación dos ecosistemas costeiros, especialmente nas zonas amparadas pola Rede Natura 2000.
- Actividades formativas para aumentar a sensibilización ambiental
- Participación en iniciativas que favorezan a biodiversidade e os servicios ecosistémicos
- Contratación dun biólogo para asesoramento técnico, seguimento dos recursos, análise ambiental e apoio administrativo.
- Incorporación de oito gardas rurais especializados en Gardapesca Marítimo para labores de vixilancia as 24 horas, control de zonas de extracción e transporte, e recompilación de datos para unha xestión óptima dos recursos.
A Confraría, unha das máis importantes de Galicia, conta cun amplo ámbito territorial que abrangue cinco concellos e unha extensa costa, sendo un referente na xestión responsable dos recursos mariños.


