A Cofradía de Pescadores San Martín foi beneficiaria dunha axuda económica, para realizar proxectos formativos, financiada nun 75% polo FEMP e 25% pola Comunidade Autónoma, de 30.267,15€,

Coa presentación deste proxecto formativo o que se pretende é a formación permanente dos asociados/as, así como das súas parellas de modo que se mellore a súa seguridade e saúde durante o tempo que permanecen a bordo dunha embarcación, completen as titulacións necesarias para acceder a un posto de traballo no mar, coñezan os beneficios da dieta atlántica en materia nutricional e acaden as competencias básicas para levar a cabo novas formas de emprendemento.

O obxectivo xeral do proxecto é a formación permanente dos asociados/as, así como as súas parellas.

Obxectivos específicos

1 Formación profesional en materia sanitaria.
2. Apoio a empregabilidade a través da formación.
3. Reducir a sinestralidade nas embarcación.
4. Promover a formación continua do sector en materia pesqueira e marisqueira.
5. Coñecer novos usos e formas de comercialización dos produtos pesqueiros.
6. Coñecer os beneficios da dieta Atlántica

 

A través destas axudas realizaranse as seguintes actividades formativas:

  • Curso de formación básica en seguridade marítima.
  • Curso de formación sanitaria específica inicial.
  • Curso de actualización da formación sanitaria específica inicial.
  • Curso de operador/a restrinxido/a SMSSM.
  • Curso de nutrición: dieta atlántica.
  • Curso de aproveitamento de cunchas para a elaboración de bisutería.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos requeridos están marcados *

Publicar comentario