A Cofradía de Pescadores San Martín do Grove foi beneficiaria dunha axuda económica de 42.521,55€ a través da orde de axudas para accións formativas, que contribúan ao desenvolvemento da formación profesional, das novas competencias profesionais e da formación permanente do sector pesqueiro.
Este proxecto esta cofinanciado nun 70% polo Fondo Europeo Marítimo da Pesca e da Acuicultura (FEMPA), e o 30% da Comunidade Autónoma.
A través deste proxecto realizaranse as seguintes accións formativas:
- Ano 2024:
- Curso de emprendemento en oficios tradicionais: Colareira. Nivel Básico
- Curso de Hixiene e manipulación de produtos da pesca.
- Ano 2025:
- Curso de xestión de proxectos financiados polo FEMPA
- Curso básico de Prevención de Riscos Laborais no sector pesqueiro e marisqueiro.
- Formación sanitaria específica inicial.
- Operador Restrinxido SMSSM
- Curso de emprendemento en oficios tradicionais: colareira. Nivel intermedio
Entre os principais obxectivos do proxecto está na a formación permanente dos/as asociados/as, dos profesionais do mar, así como das súas parellas de modo que se mellore a súa seguridade e saúde durante o tempo que permanecen a bordo dunha embarcación, completen as titulacións necesaria para acceder a un posto de traballo no mar e acaden as competencias básicas para levar a cabo novas formas de emprendemento.
Entre os obxectivos específicos e resultados están:
- Formación profesional en materia sanitaria, hixiénica e de prevención.
- Apoio a empregabilidade a través da formación.
- Reducir a sinistralidade nas embarcacións..
- Promover a formación continua do sector en materia pesqueira e marisqueira.
- Promove novas formas de emprendemento en oficios tradicionais.