A Confraría de Pescadores San Martín foi beneficiaria dunha axuda económica de 324.028,62€ dos cales o 75% corresponden a fondos FEMP e o 25% a fondos da CA, para a realización de proxectos colectivos que contribúan á protección e recuperación da biodiversidade mariña a través dunha mellor xestión e conservación dos recursos mariños e dos seus ecosistemas, durante as anualidades 2021 a 2023.
A través deste proxecto a Confraría de Pescadores San Martín realizará as seguintes contratacións:
- Contratación dunha asistencia técnica que ten como obxectivo principal a recompilación de datos e mellora da xestión responsable e sostible dos recursos mariños e hábitats costeiros, e a sensibilización medioambiental dos socios e do persoal traballador, para unha mellor compresión da necesidade de toma de medidas e accións mais conservadoras.
- Contratación de oito gardas rurais, que teñen como obxectivo principal establecer medidas para o control, acceso ás zonas de produción e o seguimento das actividades pesqueiras, así como unha vixilancia efectiva dos bancos naturais, para unha maior protección, conservación e sustentabilidade dos recursos mariños.
Ademais adquiriuse a través destas axudas o seguinte material:
- Tablet, teclado, rato e funda protectora.
- Balanza con cable USB.
- Calibre con cable USB.