A Confraría de Pescadores San Martín foi beneficiaria dunha axuda económica de 9.849€, dos cales o 75% son cofinanciados polo FEMP e o 25% pola Comunidade Autónoma, para a adquisición de dúas fregadoras de chan.
O obxectivo xeral do proxecto é manter as condicións hixiénico-sanitarias da lonxa..
Como obxectivos específicos do proxecto están:
- Conservación da calidade dos produtos desembarcados procedentes da pesca.
- Facilitar o traballo de limpeza na lonxa.
- Reducir caídas, debido ó estado resbaladizo do chan.
- Modernizar o traballo de limpeza na lonxa, a través da adquisición de novas ferramentas de traballo.
- Fomentarase a competitividade da lonxa do Grove, respecto a outras lonxas.
Con este proxecto contribúese a mellorar os servizos diarios prestados aos pescadores/as, xa que as condicións hixiénico-sanitarias da lonxa mellorarán ao mellorar a limpeza efectuada na lonxa.
O principal resultado acadado, e o mantemento da lonxa en boas condicións de limpeza, xa que a veces con produtos como o choco, é complicado facer a limpeza das instalacións.