A Confraría de Pescadores San Martín foi beneficiaria dunha axuda económica de 42.786€, dos cales o 75% son cofinanciados polo FEMP e o 25% pola Comunidade Autónoma, para a adquisición dun produtor de xeo.

O obxectivo xeral do proxecto é poder producir a cantidade de xeo suficiente para que os produtos procedentes da pesca, desembarcados na Lonxa do Grove, cheguen en óptimas condicións ó momento de seren poxados.

Como obxectivos específicos do proxecto están:

  • Mellora na calidade dos produtos desembarcados procedentes da pesca.
  • Modernizar as instalacións da lonxa.
  • Facilitar o traballo diario de mariñeiros/as e compradores/as.

Con este proxecto lograrase mellorar os servizos prestados ós/ás asociados/as, posto que para preparar o produto extraído do mar para ser poxado, e se conserve en óptimo estado, é preciso botarlle xeo.

Tamén se logra ter un menor gasto enerxético xa que o novo xerador de xeo é eficiente enerxéticamente, e por outra banda, o tratarse dun equipo novo tamén se aforran gastos de reparación e mantemento.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos requeridos están marcados *

Publicar comentario