A Confraría de Pescadores San Martín foi beneficiaria dunha axuda económica de 59.875,20€, dos cales o 75% son cofinanciados polo FEMP e o 25% pola Comunidade Autónoma, para a instalación de paneis solares fotovoltaicos.
Este proxecto levarase a cabo en dúas anualidades:
- Ano 2020: 6.700€
- Ano 2021: 53.175,20€
O obxectivo xeral do proxecto é reducir o gasto enerxético da Lonxa do Grove.
Como obxectivos específicos do proxecto están:
- Mellora da eficiencia enerxética.
- Uso de enerxías renovables no sector pesqueiro.
- Contribuír a mitigar o cambio climático.
Con este proxecto favorecerase a todos/as os/as asociados/as, xa que todos os proxectos postos en marcha que contribúan a mitigar o cambio climático, lograse protexer o medio de vida dos/as socios/as, intentando evitar que o cambio climático contribúa a desaparición dos recursos mariños. Por outra banda, co aforro en gasto enerxético, poderán destinarse mais recursos a satisfacer outras necesidades dos distintos sectores da Confraría de Pescadores do Grove.