A Confraría de Pescadores San Martín foi beneficiaria dunha axuda económica de 15.000€,  a través das Axudas da Consellería do Mar para proxectos de rexeneración de bancos marisqueiros con problemas de perda de produción  e que contribúan a unha mellor xestión e conservación sustentable dos recursos mariños, para acometer o proxecto de rexeneración da zona marisqueira intermareal do lugar de A Pereira.

Este proxecto é financiado integramente con fondos propios da Comunidade Autónoma de Galicia.

Os principais obxectivos deste proxecto son:

  • Aumentar a presenza de bivalvos de valor comercial mediante sementeiras.
  • Aumentar a fixación natural de xuvenís de bivalvos comerciais.
  • Aumentar as zonas de traballo do colectivo de marisqueo a pé da zona de Castrelo.
  • Secundariamente, mellorar os ingresos e a organización do colectivo sectorial.

O proxecto inclúe dúas fases:

  1. Primeiramente faranse actividades de remoción do substrato co fin de “soltar”, “airear” e “lavar” o substrato, mellorando a granulometría, a estrutura do mesmo e os parámetros químicos.
  2. Sementeira de ameixa procedente de criadeiro e de outras ameixas procedente de outros bancos marisqueiros pertencentes a Confraría de Pescadores San Martín do Grove.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos requeridos están marcados *

Publicar comentario