A Confraría de Pescadores San Martín do Grove foi beneficiaria no ano 2018 dunha subvención de 18.000€ a través das axudas a proxectos colectivos, financiados polo FEMP, para a conservación e restauración da biodiversidade e dos ecosistemas mariños no marco de actividades marisqueiras sustentables.

O obxetivo principal deste proxecto é rexenerar a parcela situada dentro das zonas de autorización administrativa concedidas a esta Confraría, para que volva ser unha zona marisqueira produtiva, favorecendo o incremento de zonas de traballo e mellorando as rendas anuais do colectivo de marisqueo a flote.

Outros obxetivos do proxecto son:

  • Recuperar zonas de traballo improdutivas actualmente.
  • Recuperar o stock de bivalvos comerciais.
  • Incrementar os ingresos do colectivo de mariscadores a flote.

 

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos requeridos están marcados *

Publicar comentario