A Confraría de Pescadores San Martín do Grove foi beneficiaria no ano 2018 dunha subvención de 18.000€ a través das axudas a proxectos colectivos, financiados polo FEMP, para a conservación e restauración da biodiversidade e dos ecosistemas mariños no marco de actividades marisqueiras sustentables. A porcentaxe de cofinanciamento das axudas son do 75% con fondos FEMP e o 25% con fondos da Comunidade Autónoma.
O principal obxectivo deste proxecto é recuperar o banco marisqueiro trasladando area dende o lombo móbil submareal ata a zona mareal do interior da Enseada da «Piscina», cubrindo cunha capa de area solta a zona onde agora hai unha praia pedregosa e con substrato cargado de finos. Despois sementarase ameixa de criadeiro, para inducir unha máis rápida recuperación do banco que si só se deixase en mans da fixación natural. A ameixa de criadeiro sementarase primeiro nun parque de engorde convenientemente delimitado e protexido con redes contra os depredadores. Unha vez a semente acade o tamaño cercano ós 30 mm, é cando será trasladada definitivamente ó banco natural rexenerado.
Outros obxetivos do proxecto son:
- Recuperar zonas de traballo improdutivas actualmente.
- Recuperar o stock de bivalvos comerciais.
- Incrementar os ingresos do colectivo de mariscadores a pé.